Copa Galega de Fútbol Gaélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encontro entre Herdeiros de Dhais e Estrela Vermelha FG na Copa Galega de 2016.

A Copa Galega de Fútbol Gaélico é unha competición de fútbol gaélico nacida na tempada 2013/14 baixo a organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico co obxectivo de ser a gran festa do fútbol gaélico en Galicia.

Na primeira edición, celebrada na Estrada o 14 de xuño de 2014, participaron oito equipos na categoría masculina e catro na feminina. Na segunda edición participan nove equipos na categoría masculina e seis na feminina. Na terceira edición, xogada en Xinzo de Limia o 7 de maio de 2016, participaron nove equipos masculinos e sete femininos.

Edicións[editar | editar a fonte]

Categoría masculina
Tempada Campión Subcampión Terceiro
2013/14 Santiago de Compostela Estrela Vermelha A Coruña Fillos de Breogán O Grove Mecos
2014/15 Santiago de Compostela Estrela Vermelha A Estrada Irmandinhos Pontevedra Pontevedra
2015/16 Santiago de Compostela Estrela Vermelha A Coruña Fillos de Breogán A Estrada Irmandinhos
Categoría feminina
Tempada Campión Subcampión Terceiro
2013/14 A Estrada Irmandinhas A Coruña Fillas de Breogán A Estrada Bráithreachas
2014/15 A Estrada Irmandinhas Santiago de Compostela Estrela Vermelha O Grove Mecas/Ourense Auriense
2015/16 A Estrada Irmandinhas A Coruña Fillas de Breogán Pontevedra Pontevedra/Santiago de Compostela Estrela Vermelha

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]