Conversa modelo:Políticas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Poderíamos incluíla nas páxinas de políticas oficiais para facer mais fácil a súa consulta á xente nova no proxecto. Opinións?

--emilio juanatey(talk) 16:26, 29 outubro 2007 (UTC)

  • Concordo. Creo que é moi útil e da maior accesibilidade para todos, de normas de conduta que semellan moi obvias pero que as veces esquecemos. Bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 16:35, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo tamén. Debería conter as que xa estean aprobadas e en uso, e haberá que ir actualizando según se vaian aprobando as novas e todo iso. --Banjo tell me 18:10, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo Alma (fálame eiquí) 19:57, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo. Boa cousa!, isto axudará, eu aínda sigo perdido e xa levo 2 meses. ---- Maañónoo (o que ho?) 20:02, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo --Xosé (✉) 20:06, 29 outubro 2007 (UTC)



Discordo cos cambios feitos nesta ferramenta de consulta consensuada pola comunidade. Naceu para informar das políticas oficiais da Galipedia e cas últimas modificacións converteuse nunha mestura de políticas vixentes e posibles futuribles, o cal non coincide coa finalidade para a que se creou e leva a erro ao lector. Lansbricae (Ti dirás) 07:48, 5 decembro 2007 (UTC)

Discordo A comunidade decidiu que aquí se fixera un resumo de Políticas oficiais, e se está a pasar por riba da decisión da comunidade facendo engadidos nin sequera sometidos ao consenso. Esta non é a Galipedia que se supón que iamos construír cimentada no consenso, senón na imposición. Non me gusta e non concordo con estas formas de traballar. Alma (fálame eiquí) 08:10, 5 decembro 2007 (UTC)

O que se fixo foi incluír e sobre todo, estruturar, unhas políticas que estaban funcionando dende antes de chegarmos nós aquí. É verdade que o texto da redacción non foi fixado aínda; de feito, iso pásalles ás novas e ás vellas, que tampouco foron explicitamente votadas. Porén, é agora cando se apreza a rotura do consenso. Creo que o obxectivo debería ser buscar o punto de acordo na redacción, en caso de que haxa discrepancias. --Xabier Cid 09:47, 5 decembro 2007 (UTC)
Non é certo o exposto e os feitos demostran o contrario (ver monicreques por exemplo). Non se está a falar de políticas explícitamente votadas, debemos recordar que a primeira vía de traballo na Galipedia é o consenso, e para que este exista ten que existir constancia del, senon hai constancia non hai consenso. A rotura do consenso xa se tivo demostrado en outras ocasións e elo non impide que a mellor maneira de chegar a ese obxectivo de buscar o punto de acordo na redacción sexa propoñendo primeiro e logo insertar as propostas consensuadas e non o proceso contrario, poñer primeiro e se vemos que non hai oposición queda e se a hai logo entón falamos. Agora mesmo a estrutura de Política e normas e este cadro non facilitan o entendemento das materias a valorar por parte dos editores xa que se mesturan materias que proceden dos 5 piares, materias consensuadas e votadas e materias de nova creación, como formando parte todas elas dunha mesma estrutura. Este sistema dificulta a participación da comunidade na procura de consenso e é, entendo eu, un mal exemplo a seguir por parte da comunidade (se varios se puxeran a facer modificacións deste xeito en pouco tempo non saberiamos nin de onde partiramos nin onde estamos). Lansbricae (Ti dirás) 11:13, 5 decembro 2007 (UTC)