Conversa:Televés

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modificacións no artigo[editar a fonte]

Home, está ben editar. Pero sabendo do que se fala..
Televes non fabrica un produto OU outro
Televés foi denunciada en 2000 por fagor pero ISE MESMO ano non quedou resolto nada. Iso foi no 2010, como se indica nas referencias
Os fitos tecnolóxicos non son dous (como pon no texto) vaise incluir unha listaxe deles... listaxe en orde cronolóxico

O 80% dos productos que comercializa televés (1500) son de deseño propio. Os que COMERCIALIZA non os que COMERCIALIZABA como se editou no texto.
¿Para que serve achegar fontes se a edición faise ao chou?
Os productos de televés son pra facer instalacións de telecomunicaciones. Pero non só iso, tamén software de desexo e cálculo (que xa non se menciona no artigo) e equipos para certificar instalacións (que tampouco se deixou no artigo) --Nemigo (conversa) 16:16, 4 de xullo de 2012 (UTC)

As instalacións de Televés en maia non son iso, é unha fábrica. Alí fabrica o cable que vende telévés. Televés é o principal distribuidor de telecomunicacións para tv por cable e satélite de Portugal. --Nemigo (conversa) 16:19, 4 de xullo de 2012 (UTC)

  • Nemigo, non entendo moi ben ao que te refires. Hai algunha edición equivocada? Por outra banda, cantos dos tempos verbais, cinguímonos todos ao libro de estilo, onde se di que a redacción debe de ser en pasado. Así, por exemplo, falamos de que Fulano xogaba en tal equipo en 2012, e non que Fulano xoga en tal equipo en 2012. O mesmo vale para Televés. En todo caso, se reparas en erros ou incoherencias, corríxeas sen medo sempre que lle achegues unha referencia, e se son carne de polémico explica os cambios aquí, na páxina de conversa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:23, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Ben, vou explicar algunhas das modificacións que fixen no artigo.
  1. Engadir a conxunción ou foi para retirar o etc., que tan pouco enciclopédico me parece. En ningún caso penso que debe entenderse como que a empresa A fabrica ou ben X ou ben Y ou ben Z e non pode fabricar as tres cousas á vez, senón máis ben: a empresa A fabrica X, Y ou Z, entre outros produtos. En calquera caso, arranxeino substituíndo as conxuncións por comas.
  2. Sobre o litixio, metín a zoca ao reelaborar o texto. Pensei que aparecía o ano 2000 repetido. Erro meu. Xa está corrixido.
  3. Sobre a sección das patentes: A miña edición foi en base aos dous fitos tecnolóxicos (concepto pouco neutral, coido) que había no momento da miña edición (non estaba a marca {{En uso}} na sección que indicase que ía ser ampliada). Se se engaden máis pódense integrar perfectamente no parágrafo, non vexo o problema.
  4. O tema da intemporalidade da información xa a comentou Atobar. Deixo a ligazón ao libro de estilo para obter máis información.
  5. Os outros ámbitos de actuación xa foron recuperados tamén. (Borreinos sen querer; vexo que hoxe non estiven moi acertado na edición.)
E coido que xa está todo comentado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:04, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Televés fabrica 1500 productos en catálogo actual (datos da empresa) é imposible poñelos todos. Estase a facer unha selección. MacDonals non vende: hamburgueas, coca-cola, patacas ou polos. Vende todo iso e máis. Ise OU debera ser un E. No caso de televés un etc ou puntos suspensivos (como se vexa)
¿Litixios? ¿Como poden ser litixios (varios) se só tivo un? (é un dato non moi coñecido e por iso se cita) e non hai máis (que se saiba)
A atemporalidade tes razón, pero falta un dato necesario: son 1500 productos os que ten televés. Se fosen 4 ou 40 non sería significativo. Pero 80% de 1500 si é un bo dato.
Os fitos tecnolóxicos penso que son necesarios e débense citar. É unha empresa e como tal fai aportacións e melloras no mercado. Cando se fala de apple menciónanse os seus productos e a novidades que son. Na páxina de ikusi na wiki (do mesmo sector) tamén se citan http://es.wikipedia.org/wiki/Ikusi Os de televés están espallados en 130 informes en pdf que van dende os anos 90 ata hoxe --Nemigo (conversa) 17:26, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Se queres incluír o dato de que fabrica 1500 produtos, cómpre indicar o ano, pois o máis probable é que dentro dalgún tempo sexan máis ou menos. O tema do ou xa se solucionou coas comas. Que a sección vaia co título "Litixios" en plural non é máis ca algo de libro de estilo. E, por último, os fitos tecnolóxicos seguen estando aí, non se retiraron. Pódese ampliar o parágrafo con máis información sobre outros produtos, pero queda mellor aquelado con redacción ca cunha lista de asteriscos. --Toliño Fala aquí comigo 17:29, 5 de xullo de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Televés. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 18:07 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 19:32 (UTC)[responder]