Conversa:Sempre en Galiza
Esta edición comenza cunha nota do director da colección, Xesús Alonso Montero titulada "Esclarecendo un pouco", na que se dí textualmente "Os leutores disimularán -i entenderán- as pequenas omisiós -non chegan a duas páxinas en total-, omisios que foron debidas a necesidade de publicar hoxe o texto -texto completo que aparecerá completo cando aquí poda aparecer completo- e que non mancan nin imprecisan ningún dos planteamentos de Castelao". A continuación reproducense os textos omitidos:
Páxina | Ubicación | Texto censurado |
---|---|---|
34 | liña 11, despois de "Felipe II" | para faceren esta guerra noxenta |
191 | liña 6, despois de "países retrógadas!..." | Non se daría nada maís risible se non eisistira un Exército regular e a Garda Civil para defender esta hipocresía, esta ficción, esta falsedade; pero xa non é risible senón indiñante, a posición suicida das "esquerdas" e do mesmo proletariado. |
195 | liña 5, despois de "miliatarismo" | que se consideraba ferido nos seus sentimentos patrióticos e hipotecou a independencia da patria, |
195 | liña 15, despois de "en pólvora" | Eles representaban o orgullo, a soberbia e a vaidade; é decir, o máis vello, máis negro e máis podre da Hespaña centralista. Veles aí van:
MILITARISMO A bravura dos militares hespañoes era o medo que metía medo. O coartel era un convento onde se xuraba, se blasfemaba, se conspiraba contra o Goberno, se pegaban labazadas, se depelicaban patacas e se tocaba a corneta. Alí os xefes e oficiaes escollían asistentes. Os militares usaban bigotes e padecían de catarro crónico. Adobiábanse con plumas, charoles, ferros e botóns dourados, para namoraren mulleres. Gostaban máis das procesións que das batallas. Perdían as guerras —eso é verdade—; pero perdíanas groriosamente. Eran cabaleiros no Casino e arrieiros no fogar. Chegaban a xeneraes polo riguroso turno de antigüedade. Morrían de prostatitis crónica (nos militares hespañoes todo era crónico). Os militaristas amaban a “intanxible unidade da patria”. Creían que Isabel a Católica descobrira as Américas. Tiñan unha espiña cravada no corazón: Xibraltar. Arruináranse comprando “marcos” e seguían sendo xermanófilos. Por algo foron vencidos polo povo. |
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]
Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 00:34 (UTC)