Saltar ao contido

Conversa:Psophia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Yakamik apenas conta con referencias e tan só en inglés como no Dicionario Webster de 1913, na versión de peto de 1990 non aparece aínda que supoño que si seguirá aparecendo no xeral. Con todo o nome máis coñecido para estas aves en inglés é trumpeter.--RNC 15:09, 21 novembro 2008 (UTC)

  • Se non hai nome galego para esta especie, coido que habería que move-lo artigo ó nome científico. Alberte Si, dígame? 16:22, 21 novembro 2008 (UTC)
  • Unha precisión, neste caso é un xénero, Psophia e supoño que o que se di atinxirá a todo el.--RNC 16:34, 21 novembro 2008 (UTC)
Naturalmente que non hai nomes galegos para as tres especies dos psofíidos (Psophiidae), xa que se trata de aves sudamericanas. Non sei onde o primeiro editor deste artigo documentaría, en galego, o nome yakamik. Pero o que máis sorprende e que, no texto, remita para agamí (voz caribe coa que moitos indíxenas latinoamericanos designan estas aves), e no artigo agamí vemos que se trata, dunha maneira moi semellante, á mesma especie, Psophia crepitans L. Polo tanto, fago a seguinte proposta:
  • Refundir este artigo con Agamí, conservando este nome como título. Agamí, voz amplamente usada na bibliografïa científica en castelán en portugués (e por algúns cultivadores do galego científico), non repugna no noso idioma, que conta con voces similares referidas a animais latinoamericanos (como agutí, por exemplo, que tamén é usada en castelán, portugués e galego), dando como sinónimo, ou non, trompeteiro (cast. trompetero; port. trombeteiro; ingl. trumpeter ).
  • Por outro lado, e dado que só son tres especies, ampliar o artigo facendo referencia a estas:
Psophia crepitans Linnaeus, 1758; que podería ser agamí de ás grises,
Psophia leucoptera Spix, 1825; que se podería bautizar como agamí de ás brancas, e
Psophia viridis Spix, 1825; que poderiamos adaptar co nome galego de agamí común, por ser a especie máis abundante.
--XoioÉche o que hai 17:39, 21 de agosto de 2012 (UTC)