Conversa:Platón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Un pouco embarullada a explicación.

Platón ben chega[editar a fonte]

Creo que sería mellor mover Platón (filósofo) a Platón, e á súa vez crear a de homónimos onde se inclúan este e o exarca. A frecuencia de aparición dun e doutro son moi distintas. --Xabier Cid 13:40, 31 agosto 2007 (UTC)

  • Pois tamén, estou de acordo. Se queres podes facelo ti. AlberteSi, digame? 13:43, 31 agosto 2007 (UTC)
    • Non, non podo movelo. Como Platón xa está creada, ten que movelo un administrador. --Xabier Cid 14:44, 31 agosto 2007 (UTC)
  • Eu tamén estou a favor. --Gallaecio 14:09, 31 agosto 2007 (UTC)

Enumeración[editar a fonte]

Aínda que estou traballando aínda no artigo, hai algo que non dou feito "polas boas", e gustaríame que alguén o fixese se é que se pode facer dalgún xeito.

No apartado O Mundo das Ideas, hai unha enumeración chapuceira, é dicir, en lugar de comezar con "#", comezo con ":" + o número. Fixen isto porque na lista enumerada, que conta con tres apartados (1, 2 e 3), os elementos da enumeración contan con máis dun parágrafo, e como o segundo parágrafo non conta como parte do elemento (1, 2 ou 3), comézame tódos os elementos como novas listas (1, 1 e 1).

En fin, non sei se me expliquei moi ben, pero hai un bo xeito de comprendelo: Ir ao artigo e editar a "lista", escribíndoa como deus manda (con "#"). Se conseguides evitar que vos pase o que a min, será porque sabedes máis ca min.

--Gallaecio 10:10, 1 setembro 2007 (UTC)

Restauración do artigo na última edición que fixo Xabier[editar a fonte]

Non teño tempo de pararme a escribir, pero se alguén é capaz, gustaríame que se restaurase o artigo na última edición de Xabier. É para mesturar os cambios que el e máis Alberte realizaran cos que realicei eu posteriormente en base á edición que se fixera antes da súa. Grazas. --Gallaecio 11:37, 1 setembro 2007 (UTC)