Conversa:Muralla de Santiago de Compostela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A empalizada que sae na imaxe como de Sisnando II, é en realidade a mais moderna, a de Cresconio. Habería que corrixir isto. Un saudo. --Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 11:31, 19 de outubro de 2011 (UTC)

O usuario Carronada borrou posteriormente isto, que se trabucou. Recupero o texto, porque as conversas non se poden retirar, e táchoo, o que expresa o que el quería facer, pero seguindo os procedementos habituais. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:39, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Tras consultalo con expertos na materia, confirmo que si que se trata dun erro, a muralla que aparece na imaxe como a de Sisnando II é en realidade a de Cresconio. Saudos.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 17:13, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Como Carronada deixou de editar en 2011, non lle podo preguntar directamente. Non entendo exactamente qué é o que quixo dicir co erro entre Sisnando II e Cresconio, pero quero entender que o debuxo que ilustra o artigo está errado cando di que a muralla máis externa e extensa é a "empalizada de Sisnando II", e que en realidade se trata da muralla levantada polo bispo Creconio. Isto é o que deduzo do texto. Quere dicirse que habería que corrixir o debuxo (¿quen pode facer tal cousa?) e corrixir o pé do mesmo (pode facelo calquera se esa miña dedución é correcta). Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 15:22 (UTC)[responder]

Frase sen sentido[editar a fonte]

Di o artigo que "Esta nova muralla, que tiña uns 2 km de contorno e cubría un espazo interior de 30 ten, é en esencia a que se manterá ata o século XIX". ¿Qué é iso de 30 ten? ¿Quererá dicir 30 km2, 30 hectáreas? ¿Temos referencia para este dato? Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 15:15 (UTC)[responder]

Boas tardes Lameiro. Comprobei o artigo en castelán, do que procede a maior parte do texto deste artigo, e tratábanse, como ben dixeches, de hectáreas (ha). Seguramente foi un pequeno error por parte do editor en cuestión. Con respecto ás referencias, ficaron perdidas na tradución do artigo ao galego e cómpre recuperalas. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 15:24 (UTC).[responder]
Vale, Rubén. Mirarei ese artigo na es:wiki e farei no noso as correccións necesairas. E ampliareino, que teño máis material e fotografías. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 15:29 (UTC)[responder]
Feito! Feito! O das referencias desde a Wikipedia en castelán, Lameiro. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 15:42 (UTC).[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Muralla de Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de marzo de 2019 ás 06:00 (UTC)[responder]