Conversa:Marca (xornal)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Este MARCA non deberíamos movelo a Marca? Xoacas(góstache o pemento?) 17:51, 7 abril 2010 (UTC)

  • Movelo non, así está ben, pero no título en negriña si cómpre meterlle tamén a cursiva. --Atobar (conversa comigo) 18:05, 7 abril 2010 (UTC)
  • Daquela haberá que mover El País a EL PAÍS e El mundo a EL MUNDO. Non me atrae a idea. --Xoacas(góstache o pemento?) 18:13, 7 abril 2010 (UTC)
    • Perdón. Estamos a falar de cousas distintas; eu das cursivas e ti das maiúsculas. Non hai que mover nada. Canto ás maiúsculas do MARCA, coido que é a denominación habitual. Non estou seguro. --Atobar (conversa comigo) 21:10, 7 abril 2010 (UTC)
    • Polo que eu vin nunha primeira consulta a Google, as dúas formas empréganse por igual ou case. De todos modos, se todo o mundo empregara o nome con maiúsculas, todo o mundo cometería un erro, ao meu modo de ver. O uso das maiúsculas está claro: para encabezar a frase ou o nome propio e pouco máis. Estas licencias formais que se toman os xornalistas están ben para os xornais, pero isto é outra cousa: falemos do diario Marca, do diario El País ou do diario El Mundo. --Xoacas(góstache o pemento?) 10:02, 8 abril 2010 (UTC)
    • MARCA fala de si mesmo como MARCA, e na súa versión dixital como MARCA.com. O que cumpría é saber como están rexistrados na Administración. --Atobar (conversa comigo) 10:35, 8 abril 2010 (UTC)
    • Non confundamos, "Marca" é ou ben unha marca (sei que é redundante) ou ben un nome comercial, pero en calquera caso pertence a Unidad Editorial SL, e outro tanto acontece con marca.com, que pertence a Unidad Editorial Internet SLU, como outras tantas publicacións (elmundo.es, telva.com, expansion.com, gacetauniversitaria.es...). Disto sacamos en conclusión que "Marca" non é unha persoa xurídica, o cal non entendo moi ben que nos importa. A cuestión é se, no bo uso do noso idioma, o nome desta publicación debe ser escrito con maiúsculas. Eu reitero non me parece correcto, o uso de maiúsculas en toda unha palabra é propio de acrónimos. Que o propio xornal Marca se refira a si mesmo como MARCA non deixa de ser un recurso gráfico, como facía Umbral na súa columna cando escribía os nomes de persoas en negritas. Imos falar a partir de agora de Paco Umbral? Paréceme excesivo, isto iba acabar sendo unha casa de tolos. --Xoacas(góstache o pemento?) 11:45, 8 abril 2010 (UTC)
    • Se MARCA xoga coas maiúsculas para a súa denominación, as maiúsculas deben quedar, igual que quedan por exemplo en LEGO. Pertence efectivamente a Unidad Editorial S.L., pero á marxe diso no rexistro un pode escribir como MARCA, Marca, MarCa, MaRcA ou como queira. --Atobar (conversa comigo) 12:06, 8 abril 2010 (UTC)
    • Non podo cres que este tema dea para tanto. A ver, hai unha cousa que non entendo: estás propoñendo que empreguemos as maiúsculas que empregue Marca ou que empreguemos o nome comercial tal e como está rexistrado? Son cousas ben distintas. Se hai que xustificar o nome do artigo cunha entrada no rexistro de patentes e marcas, onte mesmo moveuse Marca (Diario) a MARCA sen xustificación ningunha, habería que reverter ese movemento. Se o que manda é o modo de autodenominarse, que faríamos coas empresas que non teñen un xornal no que falar de elas mesmas? Eu non sei se se chama ZARA ou Zara, porque Zara non fala de Zara. En calquera caso, olliño co que propoñemos, porque logo hai que aplicalo a todo o contido da Wp. Xoacas(góstache o pemento?) 12:20, 8 abril 2010 (UTC)
Francamente, tanto me ten, o MARCA non me interesa en absoluto. Canto ao que dixen creo que está moi claro, pero cópioo de novo. O que cumpría é saber como está rexistrado o diario na Administración. Sigo ao meu. Esta misa está dita e polo que se ve non sabemos se está rexistrada ou non coas maiúsculas. --Atobar (conversa comigo) 12:34, 8 abril 2010 (UTC)
Pois vale. Xoacas(góstache o pemento?) 13:06, 8 abril 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Marca (xornal). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 08:24 (UTC)[responder]