Conversa:Comarca dos Ancares

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Pero ¿aínda quedan nos Ancares osos e pitas do monte? No artigo dáse isto como certo, e creo que é moito dicir, polo menos como dato actual. Non se pode confundir a presenza ocasional dalgún oso coa afirmación de que sexa unha especie propia dos Ancares. E, que eu saiba, a pita do monte declarouse extinguida nos Ancares hai anos, aínda que non o podo confirmar. Pedro --Lameiro (conversa) 23:20, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Pitas do monte e osos en perigo de extinción[editar a fonte]

En canto as pitas do monte, podes ollar o catálogo de especies amenazadas do Ministerio [1] onde se di o seguinte:

En la Cordillera Cantábrica, en el censo realizado en 1998, se

ha cifrado la población en unos 250 machos (frente a los 582 gallos censados en 1982 y que ocupaban 334 cantaderos), de los que 104-120 estarían en León (49-60 en Picos de Europa, 42-47 en el Alto Sil-Laciana, 7 en Boeza, y 3 en Omañas y en Ancares), 7 en Cantabria y 2 gallinas en Lugo (donde la especie sigue presente en 2000), confirmándose la extinción en Palencia. En el primer censo primaveral de la especie en la Cordillera Cantábrica, realizado en 1982, se contabilizaron 334 cantaderos ocupados y 582 machos, distribuidos en Asturias,

291, León, 243, Cantabria, 23, Lugo, 22 y Palencia, 3.

Neste catálogo se fala tamén do Decreto 82/2007 de 9 de maio de 2007 que é a regulación galega na que se contempla o catálogo galego de especies amenazadas onde podes comprobar como o Tetrao Urogallus C. aparece dentro das especies catalogadas "en peligro de extinción" Vid. páx. 11, e ao final do documento explica que a extinción se estima nun 20% nos próximos 20 anos. Tendo en conta que o catálogo é do ano 2004, eu non a daría aínda por extinta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 13:12, 25 xaneiro 2008 (UTC)

En canto a presenza de Osos, nos Ancares, a Fundación Oso Pardo, que ten feito un censo dos exemplares que quedan, afirma que ocasionalmente a población cantábrica é vista nos municipios de Cervantes e Navia de Suarna, que pertencen a Comarca dos Ancares Vid. Distribución da poboación occidental, e no catálogo galego de especies amenazadas tamén está incluído o oso pardo, como especie en perigo de extinción Artigo sobre o catálogo de especies da Xunta. Alma (fálame eiquí) 13:24, 25 xaneiro 2008 (UTC)

  • Insisto, Alma, aínda que obxectivamente teñas razón. Sepárannos só diferencias semánticas.
A súa especial situación xeográfica fai que haxa especies ausentes no resto da Galiza, como é o caso do oso pardo, en vías de extinción, e a vulnerábel pita do monte.
  • Afirma o artigo dúas cousas, que "haxa especies..." (presente de subxuntivo, pero presente ó fin e ó cabo) e que a razón da presenza destas especies sexa "a súa especial situación xeográfica".
  • A pita do monte non se reproduce xa desde hai 10 anos. Témo-lo dato desas dúas femias en 1998 e 2000 e non sei de datos posteriores máis exactos, pero a efectos prácticos dáse por extinguida. "CATEGORÍA DE AMEAZA. Galicia: extinta?; España: vulnerable"; "Na actualidade pódese considerar como especie reprodutora extinta" (A Natureza ameazada, 2004).
  • Osos tampouco, desde vai saber cando. Hai citas de avistamentos ocasionais (algún inverno de cando en vez) de exemplares illados que campean polos Ancares procedentes das poboacións asturianas. "CATEGORÍA DE AMEAZA: Galicia: extinto; España: en perigo", "A especie está extinta como reprodutora e só aparece como transeúnte ocasional nas terras orientais" (A Natureza ameazada", 2004).
  • As categorías de conservación son "conservadoras" (perdón pola redundancia). Dáse por extinguida unha especie cando pasan 50 anos sen que se localice en estado silvestre, e mentres tanto están como "Ex?" (non pasaron 50 anos pero dáse por ausente) ou "E" (en perigo, de supervivencia improbable ou que, nese prazo de 50 anos, foron avistados algunha vez). Por iso é certo que "oficialmente" non están extinguidas pero de facto ¡vaia se o están! (desgraciadamente). Por iso digo que a frase hai que matizala moito.
  • A razón da prsenza destas especies relictas nos Ancares non é tanto a súa "situación" xeográfica senón o feito de que o seu illamento, a escasa presión humana e a súa orografía -que determina ese illamento e esa despoboación- fixeron que estas especies atoparan nese enclave condicións para sobrevivir, condicións que perderon no resto de Galicia ó longo dos séculos. Pero tamén lles chegou a hora: o asfalto e o turismo permitiron que os cazadores e os urbanitas chegásemos a tódolos currunchos. A situación xeográfica dos Ancares continúa sendo a mesma que a de hai millóns de anos pero cambiaron (a peor para o oso e a pita) outras cousas: caza e alteración do hábitat) e velaí as consecuencias.
  • Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:51, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Creo que sí habería que refacer a frase no sentido final que argumentas e ao mellor esto pode axudar tamén [2], neste artigo (de agosto deste ano pasado) recoñece que no caso da pita de monte é máis crítico que o do oso, precisamente porque xa non hai exemplares reproductores se non exemplares aillados, pero ao fin e ao cabo exemplares, e precisamente para favorecer a recuperación das especies se prevén distintas medidas xa adoptadas en Asturias e León de recuperación dos hábitats e de creacións de corredores naturais. Alma (fálame eiquí) 19:06, 25 xaneiro 2008 (UTC)