Conversa:A Arnoia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a páxina de turismo de Ourense conta cunha soa parroquia [1], segundo o Moménclator da Xunta conta con dúas parroquias[2]. Pero é posible que sexa unha información sen actualizar, xa que o IGE [3] recollendo datos do Noménclator do INE de 2003 recolle unha soa parroquia. Eu sei que hai anos eran 3 parroquias, que logo cambiou a 2 e é posible que agora volvera mudar, alguén coñece a zona e ten datos seguros de cantas parroquias oficiais hai agora.--Rocastelo(fálame aquí) 17:55, 10 decembro 2005 (UTC)

  • Parece confirmarse que actualmente só hai unha parroquia. Noménclator 2004 [4]--Rocastelo(fálame aquí) 18:23, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Non logro ver o enlace que púxeches. Se efectivamente agora hai unha parroquia habería que modificar o modelo, pero sería interesante deixar unha referencia no artigo as modificacións que houbo. Por outra parte, vai ser un problema para determinar os lugares que permanecen. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:39, 10 decembro 2005 (UTC)

Dúas parroquias e política de Toponimia[editar a fonte]

Consonte a Wikipedia:Toponimia deixoo con dúas parroquias. Cando se actualice o Nomenclátor de Galicia xa se actualizará. Maria zaos (conversa) 7 de xaneiro de 2020 ás 13:50 (UTC)[responder]