Club de Rugby Santander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bathco Rugby
NomeClub de Rugby Santander
Alcume(s)Focas
Fundación2007
SedeSantander, España
Estadio(s)La Albericia
Capacidade800 asentos espectadores
PresidenteJuan Pascual Gómez
AdestradorSimon Hafoka
Liga(s)División de Honra
2019-20-
Casa
Na rede
http://www.bathcorugbyclub.com/

O Club de Rugby Santander foi un equipo español de rugby da cidade de Santander, fundado no ano 2007. As focas disputaban os seus encontros no estadio de atletismo de La Albericia, de propiedade municipal.

En 2019 o club acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, denominándose Bathco Rugby por razóns de patrocinio. A tempada do seu debut na División de Honra foi a 2019-2020, que se tivo que deter trala xornada 17 por mor da pandemia do COVID. Unha vez que a Federación Española de Rugby decretou que a tempada quedaba suspendida, anunciou a decisión de que o CR Santander non disputaría a eliminatoria de promoción que lle correspondía polo undécimo posto que ocupaba na clasificación, de xeito que acadou a permanencia. Non obstante, en outubro de 2020 o club comunicou que renunciaba a participar na tempada 2020-2021 da División de Honra por non poder facer fronte ós custos económicos.[1] Por ser unha renuncia fora de plazo, o club foi sancionado pola Federación Española co descenso a categoría rexional e unha multa superior a 12.000 euros.[2]

Finalmente o club foi liquidado, e en 2021 os seus membros fundaron un novo club, o Sotileza Rugby Club.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]