Clemente Calvar Solla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Moaña, España |
Morte | 5 de abril de 1937 (44/45 anos) Xinzo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Familia | |
Fillos | Manuel Calvar González |
Irmáns | Basilio Calvar Solla |
Clemente Calvar Solla, nado en Moaña cara a 1892 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 5 de abril de 1937, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e o 5 de abril de 1937 foi asasinado polos falanxistas no Pinal do Foxo (Xinzo, Ponteareas) con Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Serafín Chaves Bispo, Perfecto Méndez Pastoriza, Manuel Quintas Figueroa, Ángel Rodal Blanco e Francisco Aldao Gallego.
Vida pereoal[editar | editar a fonte]
Era irmán de José, Manuel e Basilio Calvar Solla. Foi pai de Manuel Calvar González.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clemente Calvar Solla na páxina web Nomes e Voces.