Charly J
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1968 (55 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Charly J |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Charly J é o nome artístico de Juan Carlos Martínez Valcárcel, nado o 3 de xuño de 1968 nas Palmas de Gran Canaria, é un MC lugués.
Biografía[editar | editar a fonte]
No ano 1984, influenciado pola película Break Dance, Charly J comeza a bailar break dance cos seus amigos nas rúas de Lugo, formando o grupo Break Sky Masters e máis tarde Blood Stars, xunto aos que fixo exibicións por toda Galicia, ademais de acercarse a outros elementos do hip hop coma o beatbox, o scratching e os graffitis.
Influenciado por Grandmaster Flash, Run DMC, LL Cool J e Fat Boys entre outros, e tras gravar varias maquetas, en 1990 gravou o maxi-sinxelo Radyo coa compañía discográfica Sons Galiza. Deste disco lanzáronse dúas tiradas, unha en galego e outra en castelán. Ademais de ser o autor das letras, tamén compuxo a música e deseñou a capa.
Na actualidade, xa apartado do panorama musical, traballa coma deseñador gráfico.