Catedral de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Tampere
Entrada principal da catedral de Tampere.
Datos xerais
PaísFinlandia Finlandia
Rexión Pirkanmaa
TipoCatedral
LocalizaciónTuomiokirkonkatu 3b, Tampere
Coordenadas61°30′09″N 23°46′11″L / 61.50250, -23.76972
Culto
CultoIgrexa evanxélica luterana de Finlandia
DioceseDiocese de Tampere
Arquitectura
Construción19021907
ArquitectosLars Sonck
EstiloNacionalismo romántico
Páxina webtampereenseurakunnat.fi
editar datos en Wikidata ]

A catedral de Tampere (en finés Tampereen tuomiokirkko e en sueco Tammerfors domkyrka) é un templo de culto evanxélico-luterano situado na cidade de Tampere (Finlandia). A catedral foi construída entre os anos 1902 e 1907 no barrio de Jussinkylä. Antes de 1923, cando se converteu na catedral da diocese de Tampere, a igrexa era coñecida como igrexa de San Xoán. A igrexa arquitectonicamente significativa foi deseñada por Lars Sonck, que tivo como modelos deseños como o da igrexa de Finström, situada no municipio homónimo nas illas Åland. A igrexa, así como o conxunto das súas obras de arte son representativas do estilo romántico nacional.[1]

O templo está rodeado por un parque chamado Tuomiokirkonpuisto (en galego Parque da Catedral).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tuomiokirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]