Castro de Bemil
Coordenadas: 42°49′23″N 8°40′12″O / 42.823055555556, -8.67
Castro de Bemil | |
---|---|
Parroquia | Bastavales |
Concello | Brión |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Bemil é un castro situado na parroquia de Bastavales, no concello coruñés de Brión.
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
Consta dun recinto fortificado emprazado nun pequeno couto de 120 metros de altura que constitúe a parte final dunha aba montañosa con acusadas pendentes cara ao val de Bastavales. Nas vertentes de menor altitude atópase un sistema fortificado máis elevado. O castro consta dun único recinto ovalado, protexido por un parapeto que rodea a croa. As dimensións dos muros defensivos son máis acusadas pola banda este, cuns 85 metros no eixo norte-sur e uns 90 no leste-oeste.
Arqueoloxía[editar | editar a fonte]
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Catálogo de bens culturaisArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. PXOM de Brión. Xuño do 2003.