Carlos de Habsburgo-Lorena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos de Habsburgo-Lorena

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Karl Habsburg-Lothringen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Berg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado
Representa: Partido Popular Austríaco (pt) Traducir

11 de novembro de 1996 – 19 de xullo de 1999

Circunscrición electoral: Austria (en) Traducir
Head of the House of Habsburg (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Estrasburgo
Salzburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Austríaco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloArquiduque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeArquiduquesa Christian, Arquiduquesa da Áustria (2022–)
Francesca Thyssen-Bornemisza (1993–2017), divorcio
FillosFerdinando de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir
 () Francesca Thyssen-Bornemisza (pt) Traducir
Eleonore von Habsburg (pt) Traducir
 () Francesca Thyssen-Bornemisza (pt) Traducir
Archduchess Gloria of Austria (en) Traducir
 () Francesca Thyssen-Bornemisza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOtto von Habsburg Editar o valor em Wikidata  e Princess Regina of Saxe-Meiningen Editar o valor em Wikidata
IrmánsGeorg Habsburg-Lothringen (pt) Traducir, Andréa, Condessa Herdeira de Neipperg (pt) Traducir, Michaela de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir, Valburga, Condessa Douglas (pt) Traducir, Gabriela da Áustria (pt) Traducir e Mônica, Duquesa de Santángelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webkarlvonhabsburg.at Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Von_Österreich-22

Carlos de Habsburgo-Lorena e Saxonia-Meiningen (en alemán: Karl Thomas Robert Maria Franziskus Bahnam Georg von Habsburg-Lothringen), nado en Starnberg, Baviera, Alemaña o 11 de xaneiro de 1961,[1] é un arquiduque austríaco, membro da familia imperial, hoxe non reinante, de Austria.

Na época do seu nacemento, o seu pai non posuía ningunha nacionalidade de facto, e vivía en Alemaña cun pasaporte diplomático español, mentres que a súa nai era cidadá alemá. Igual que o seu pai e os seus irmáns, Carlos tiña prohibido entrar en Austria nos primeiros anos da súa vida.

Pertence á casa de Habsburgo, cuxa xefatura ostenta desde 2007, ano en que sucedeu ao seu pai, o príncipe Otón de Habsburgo-Lorena, tras a renuncia deste.[2]

Os seus títulos son os de arquiduque e príncipe imperial de Austria e príncipe real de Hungría e de Bohemia. É o actual xefe da rama austríaca da Orde do Vélaro de Ouro.[3]

En Austria, ningún dos membros da casa de Habsburgo ten titularidade oficial dos seus títulos, polo que estes son honorarios e o seu nome legal o de Carlos Habsburgo-Lorena.

Foi membro do Parlamento Europeo, en representación do Partido Popular Austríaco, entre 1996 e 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O arquiduque Carlos de Habsburgo é fillo de Otón de Habsburgo-Lorena (1912-2011) e da princesa Rexina de Saxonia-Meiningen (19252010). O seu avó foi o último emperador de Austria e rei de Hungría e de Bohemia, Carlos I/IV.

Dedicado á política, é o presidente e fundador da organización Paneuropa-Austria desde 1987. O 13 de outubro de 1996 foi elixido deputado do Parlamento Europeo polo Partido Popular de Austria.

Desde o 19 de xaneiro de 2002 é o Director Xeral da Organización de Nacións e Pobos non Representados (UNPO).

Tivo tamén breves incursións na televisión pública austríaca ORF, concretamente no programa Who Is Who ("Quen é quen?").[4][5].

O 1 de xaneiro de 2007 o seu pai renunciou aos seus dereitos dinásticos no seu favor, converténdose no xefe da casa Imperial de Austria e Real de Hungría e de Bohemia.

Preside o Comité Internacional de Escudos Azuis, equivalente cultural da Cruz Vermella para a preservación de monumentos e o patrimonio cultural.

O arquiduque Carlos de Habsburgo reside en Salzburgo desde 1981, na Casa Austria, coñecida antes como Vila Swoboda.[6]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

O 31 de xaneiro de 1993, Carlos contraeu matrimonio coa baronesa Francesca Thyssen-Bornemisza, filla do barón Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza e da súa segunda esposa, Fiona Frances Elaine Campbell-Walter, na Santuario de Mariazell (Austria). O matrimonio ten tres fillos:

Desde o ano 2003, Carlos e Francesca encóntranse separados de forma amistosa.[7]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Desde 1986, Carlos de Habsburgo-Lorena é o presidente da rama austríaca da Unión Internacional Paneuropea. En outubro de 1996, foi elixido deputado no Parlamento Europeo polo Partido Popular Austríaco (ÖVP).

O 19 de xaneiro de 2002 foi nomeado Director Xeral da UNPO.

Desde o 7 de decembro de 2008 é o Presidente da Asociación de Comités Nacionais do Escudo Azul.

Antepasados[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Otón de Habsburgo-Lorena
Pretendente aos tronos de Austria, Hungría e Bohemia
2007 - Presente
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Habsburgs Erbe zerfiel und erlebte dennoch eine Renaissance,
  2. Christoph Rella, "Habsburger. Die vielen Pflichten des Adels" en Wiener Zeitung, 5-07-2011.
  3. Le trésor de l'ordre de la Toison d'or en Le Trésor impérial (en francés).
  4. "Beruf: Enkel". Die Presse (en alemán). 3 de abril de 2011. 
  5. Ansichtssache: Ranking der Absonderlichkeiten im ORF, 27 December 2005
  6. "Villa Swoboda", SalzburgWiki.
  7. Shaw, William, "We Are Not a Muse", New York Times, 25 de febreiro de 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]