Cadeado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cadeado.

Un cadeado[1] é un aparello sinxelo composto dunha caixa metálica que contén unha fechadura, capaz de bloquear a parte libre dun arco ou aro metálico que vai montado sobre a caixa cunha bisagra.

Cada cadeado ten unha chave propia, o cal permite que só o seu propietario poida accionalo. Os cadeados, que poden ter varios tamaños e formas, son empregados para trancar portas, xanelas, maletas de viaxe e cadeas. Existen tamén cadeados de cofres e os magnéticos, que son abertos con tarxetas codificadas.

O cadeado é unha forma de "fechadura portátil", é dicir, pode ser utilizado para trancar máis dun obxecto ou área. Entre os tipos de cadeados, podemos citar aqueles que son utilizados códigos, chaves e tarxetas.

Outras imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadeado.