César Lorenzo Gil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Cequeliños, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , editor |
Lingua | Lingua galega |
Premios
| |
César Lorenzo Gil, nado en Cequeliños (Arbo) en 1977, é un xornalista, editor e escritor galego,[1] tamén coñecido como César Cequeliños.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi coordinador de A Nosa Terra Diario (2008-2011). Colaborou en Praza Pública.[3] É director de Aira Editorial e editor da revista literaria Biosbardia. Forma parte do comité de redacción da revista Luzes e do consello de redacción de Protexta.[4]
Foi correspondente de El Correo Español-El Pueblo Vasco en Galicia, redactor en Meta Sport, colaborador de EFE.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
Asinada como César Cequeliños.
Novela[editar | editar a fonte]
- A gran novela galega (2023). Cangas: Rinoceronte Ed. 256 páxs. ISBN 9788419040077. Foi publicada por entregas en Biosbardia.[6]
- Sábeme a salamántiga o ceo da boca. Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega en 2023.
Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Animais míticos do Camiño de Santiago (2022). Allariz: Aira Ed. 40 páxs. ISBN 9788412559316.
- Historia da Galicia pequeniña (2022). Allariz: Aira Ed. 64 páxs. ISBN 9788412451290. Con Jorge Campos.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Torrente Ballester 2023 por Sábeme a salamántiga o ceo da boca.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Quen somos". BiosBardia. 2013-10-21. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-04-13.
- ↑ César Lorenzo Gil
- ↑ César Lorenzo Gil
- ↑ "César Lorenzo Gil, director de Aira Editorial: «Somos un selo xeneralista, con menos obras pero cunha edición moi coidada»". La Voz de Galicia. 2022-02-13. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "A gran novela galega". BiosBardia. Consultado o 2023-04-13.
- ↑ Redacción (10 de novembro de 2023). "O premio Torrente Ballester vai para César Cequeliños". Cultura Galega. Consultado o 12 de maio de 2024.