Célula estromática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As células estromáticas son células do tecido conectivo de calquera órgano, por exemplo as da mucosa uterina (endometrio), próstata, medula ósea, ganglios linfáticos e os ovarios. Son células que apoian a función das células parenquimáticas dese órgano. A maioría das células estromáticas comúns inclúen os fibroblastos e pericitos. O termo estromático procede do latín stromat-, “cuberta da cama”, do grego antigo στρῶμα, strôma, 'cama'.

A interacción entre as células estromáticas e as células tumorais sábese que desempeña un importante papel no crecemento e progresión do cancro.[1] Ademais, ao regularen as redes de citocinas locais (por exemplo a M-CSF,[2] LIF[3]), as células estromáticas da medula ósea están implicadas na hematopoese humana e os procesos inflamatorios.

As células estromáticas (na capa da derme) baixo a epiderme (a capa superior da pel) liberan factores de crecemento que promocionan a división celular. Isto mantén a rexeneración da epiderme desde as capas profundas da pel, mentres que as células da capa superior sobre a epiderme están sendo constantemente desprendéndose do corpo. Ademais, as células estromáticas xogan un papel nas respostas inflamatorias e controlan a cantidade de células que se acumulan nas rexións inflamadas do tecido.[4] Certos tipos de cancros de pel (carcinomas de células basal) non poden diseminarse polo corpo porque as células cancerosas necesitan células estromáticas próximas para continuar a súa división. A perda destes factores de crecemento estromáticos cando o cancro se move polo corpo impide que o cancro invada outros órganos.

O estroma está formado por células non malignas, pero pode proporcionar unha matriz extracelular na cal as células tumorais poden crecer. As células estromáticas poden tamén limitar a proliferación de células T por medio da produción de óxido nítrico, dificultando a capacidade inmunitaria.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wiseman BS, Werb Z (May 2002). "Stromal effects on mammary gland development and breast cancer" (PDF). Science 296 (5570): 1046–9. PMC 2788989. PMID 12004111. doi:10.1126/science.1067431. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2010. Consultado o 11 de abril de 2020. 
  2. Fixe, Philippe (1997). "Spontaneous and inducible production of macrophage colony-stimulating factor by human bone marrow stromal cells". European Cytokine Network 8 (1): 91–5. PMID 9110154. 
  3. LORGEOT, Valérie (28 February 1997). "Spontaneous and Inducible Production of Leukaemia Inhibitory Factor by Human Bone Marrow Stromal Cells". Cytokine 9 (10): 754–758. PMID 9344507. doi:10.1006/cyto.1997.0225. 
  4. Buckley, C. D.; Barone, F.; Nayar, S.; Bénézech, C.; Caamaño, J. (2015). "Stromal cells in chronic inflammation and tertiary lymphoid organ formation.". Annual Review of Immunology 33: 715–45. PMID 25861980. doi:10.1146/annurev-immunol-032713-120252. 
  5. "Stromal cells put the brakes on T-cell responses". Consultado o 5 July 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.