Brad Oleson
Aparencia
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1983 (41 anos) Fairbanks, Estados Unidos |
Nacionalidade | Estados Unidos España |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Escolta / Base |
Información da carreira | |
Universidade | Peninsula College (2001–2002) Alaska–Fairbanks (2002–2005) |
Carreira | 2005−2019 |
Historial de equipos | |
Dodge City Legend (2005) Rosalía de Castro (2005–2008) Baloncesto Fuenlabrada (2009–2009) Caja Laboral (2009–2013) FC Barcelona (2013–2017) UCAM Murcia (2017–2019) |
Bradley Scott Oleson, nado o 11 de abril de 1983 en Fairbanks, Alasca, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional. Mide 1.91 metros e podía xogar nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Oleson comezou a súa carreira profesional no ano 2005 no Dodge City Legend da USBL americana. Despois foise ó CB Rosalía de Castro, da Liga LEB. No ano 2008, fichou polo Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB. Ó ano seguinte, en 2009, fichou polo Real Madrid, pero foi traspasado moi cedo ó Caja Laboral a cambio de Pablo Prigioni e Sergi Vidal, e non chegou a debutar co equipo branco. En outubro de 2009, adquiriu a nacionalidade española[1] e foi seleccionado para o equipo previo ó Campionato do Mundo da FIBA de 2010 coa selección española.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Solobasket.com Brad Oleson jura la Constitución y apunta a la Selección Española.
- ↑ "Talkbasket.com San Emeterio and Oleson new faces for Spain NT". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2010. Consultado o 31 de decembro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Categorías:
- Nados en 1983
- Nados en Fairbanks
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do CB Rosalía de Castro
- Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do CB Murcia