Borja Verea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2020 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Deusto Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela, voceiro no Concello de Santiago polo PPdG e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral da Coruña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito pola USC. É funcionario da escala de Interventores de Habilitación Estatal pertence tamén ao Corpo Superior da Xunta de Galicia.
Comezou a súa carreira de funcionario como secretario do Concello do Saviñao. No ano 2009 é nomeado Subdirector Xeral de Réxime Xurídico Local na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No ano 2011 é designado Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria. No ano 2015, a consellería asume as competencias de Emprego, pasando a denominarse Consellería de Economía, Emprego e Industria sendo o titular da Secretaría Xeral Técnica ata a súa elección como deputado autonómico no ano 2020.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 11 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputado autonómico.
Desde maio de 2022 é o presidente do PP de Santiago de Compostela[2] tras gañar as primarias co 98.9% dos votos. O seu partido escolleuno para encabezar a súa candidatura nas eleccións municipais de 2023 en Santiago de Compostela.[3]
Nas eleccións municipais de 2023, a súa candidatura con PPdG resultou a máis votada obtendo 11 concelleiros dos 25 totais, fronte a un BNG (que goberna actualmente) con 6 concelleiros e a un PSOE co mesmo número de actas (6 concelleiro); CA acadou 2 concelleiros.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, foi de número 5 pola provincia da Coruña.[4], obtendo a súa acta de deputado tras os resultados acadados polo PPdG (40 escaños, 13 deles por esta provincia).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
- ↑ "Borja Verea elixido como novo presidente do PP de Santiago co 98'9% dos votos". Galicia Confidencial. 14 de maio de 2022.
- ↑ "Borja Verea asegura querer gobernar “levando a Santiago ao século XXI”". El Correo Gallego. 15 de decembro de 2022.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Parlamento de Galicia Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Nados en 1980
- Nados en Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Deusto
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Concelleiros de Santiago de Compostela