Billetes da coroa checoslovaca (1919)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billete austríaco co cuño de 10 Kčs.

Os primeiros billetes da Primeira República Checoslovaca eran antigos billetes do Banco Austrohúngaro que foron re-acuñados con selos adhesivos. Os valores faciais eran 10, 20, 50, 100 e 1.000 Korun (edición provisional). Os billetes ordinarios da coroa checoslovaca foron emitidos posteriormente (a partir do 15 de abril de 1919) pola República de Checoslovaquia entre 1919 e 1926, cos valores de 1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, 1.000 e 5.000 Korun . O Banco Nacional de Checoslovaquia asumiu a produción no ano 1926, coa emisión de billetes de 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 Korun. Os novos deseños foron encargados a Alfons Mucha, un dos fundadores da Art Nouveau e nacionalista eslavo.[1]

Emisión provisional (1919)[editar | editar a fonte]

República de Checoslovaquia, Emisión provisional (1919)
Valor facial Imaxe Data Data austríaca
10 Korun 1919 2 de xaneiro de 1915
20 Korun 1919 2 de xaneiro de 1913
50 Korun 1919 2 de xaneiro de 1914
100 Korun 1919 2 de xaneiro de 1912
1.000 Korun 1919 2 de xaneiro de 1902

Notas[editar | editar a fonte]

  1. An Introduction to the Work of Alphonse Mucha and Art Nouveau Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., lectura por Ian Johnston do Univerisade da Illa de Vancouver, Nanaimo, BC. Este documento é de dominio público e pode ser usado por calquera persoa, en todo ou en parte, sen permiso e sen cargos, sempre que a fonte sexa citada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]