Bica
Bica | |
Bica mantecada. | |
Orixe | Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Ovo Nata |
Orixe vexetal | Fariña |
Condimentos | Azucre |
A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos gordos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla). Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .
A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que pódese cocer encima dunha pedra da lareira ou da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada).
Festas[editar | editar a fonte]
A festa da bica de Manzaneda celébrase o último domingo do mes de xullo no municipio da Pobra de Trives.
Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |