Benito López García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito López García
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Xermade, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Roupar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1346556

Benito López García, nado en Xermade o 1 de marzo de 1901 e finado en Roupar o 5 de novembro de 1983, foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre entre 1921 e 1974 no Páramo, Santaballa (Vilalba) e Roupar (Xermade). Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna. Foi fundador do Afección Club Rouparés en 1932. Finou en Roupar 5 de novembro de 1983.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela, 1927.
  • Tratado de Pedagogía I e II, 1968-1970.
  • Los grandes pedagogos, 1970.
  • La inmortalidad. Historia de la pedagogía, 1974.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Francisca Ferreiro López e foi pai de Herminia e Antonio López Ferreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-11-1983, p. 59.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]