Club Básquet Coruña
Leyma Coruña | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga LEB Ouro |
Fundación | 1996 |
Historia | Club Básquet Coruña (dende 1996) |
Cores | Azul e laranxa |
Presidente | Roberto Cibeira |
Adestrador | Diego Epifanio |
Patrocinador | Leyma |
Localización | |
Cidade | A Coruña |
Pavillón | Pazo dos Deportes de Riazor |
http://www.basquetcoruna.com |
O Club Básquet Coruña, coñecido por motivos de patrocinio como Leyma Coruña, é un equipo de baloncesto profesional da cidade da Coruña. Fundado en 1996 logo da unión do Clube Baloncesto Arteixo e o Club Baloncesto Ventorrillo da cidade herculina. Actualmente compite na Liga LEB Ouro, a segunda categoría do baloncesto español e disputa os seus encontros como local no Pazo dos Deportes de Riazor, que conta con capacidade para 4 425 persoas.
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta de cor laranxa e branca cun pantalón tamén de cor laranxa. Dende 2018 o seu presidente é Roberto Cibeira Moreiras.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Fundación[editar | editar a fonte]
En xaneiro de 1995, o Clube Baloncesto Arteixo asina un Convenio de colaboración coa Agrupación Deportiva Ventorrillo, coincidindo coa inauguración da Polideportiva do Ventorrillo. O convenio especificaba que dito equipo pasa a pertencer á Agrupación Deportiva e que conxuntamente se crearán as Escolas de Baloncesto do Ventorrillo. O equipo que estaba na Liga Autonómica, acadaba posteriormente o ascenso á Liga Nacional.
En xuño de 1996, a directiva do Clube Baloncesto Arteixo propón á directiva da Agrupación Deportiva Ventorrillo, ao disolverse o C.A.B., equipo de baloncesto da Coruña que militaba na Liga EBA, a posibilidade de levar para a capital coruñesa o equipo de Arteixo, que tamén militaba na Liga EBA e que tiña xogado os play-offs de ascenso á ACB contra o Bilbao.
Así nace o Club Básquet Coruña, da fusión do Clube Baloncesto Arteixo e da Agrupación Deportiva Ventorrillo. E así comeza a nova estrutura do Club, cun equipo na Liga EBA e outro na Liga Nacional; un xoga os seus partidos na Polideportiva de Riazor e o outro na Polideportiva do Ventorrillo. A sede social establécese no local que a Asociación de Veciños do Ventorrillo cede á Directiva conformada coa fusión dos dous clubs.
Inicios na Liga EBA[editar | editar a fonte]
No ano da súa fundación, e co equipo na Liga EBA, conseguiu clasificarse para a final da Copa Galicia, que disputou contra o Xacobeo Ourense, que daquela militaba na Liga ACB, logo de derrotar ao Breogán. Finalmente os herculinos dirixidos por Javier Castroverde derrotaron aos ourensáns.[2][3] No seu debut na Liga EBA, o Básquet Coruña finalizou na primeira posición da Conferencia Norte cun rexistro de 22 vitorias e 4 derrotas, clasificándose deste xeito para os play-offs do oitavos, e finalmente para a fase final que se disputou na localidade andaluza de Chipiona. A pesar do bo rexistro na liga regular e a vitoria nos cuartos de final fronte o CB Archena (91-79), o equipo coruñés caeu en semifinais fronte ao CB Cornellà (78-89). Esa mesma tempada o equipo chegou á final da Copa EBA, caendo fronte ao Gandía.[4][5][6] O equipo, cun elenco de xogadores principalmente da área, estivo liderado por xogadores Gus Díaz, Manu Pereira e, especialmente, Lolo Castro.[3]
Na súa segunda tempada, a 1997-98, o equipo dirixido por Javier Castroverde repetiu resultado gañando a Conferencia Norte da Liga EBA logo de gañar 23 dos seus 26 partidos. Nos play-offs o equipo herculino derrotou ao Llobregat Centre Comercial de Cornellà de Llobregat (3-2), o que lle permitiu disputar a fase final na localidade cordobesa de Cabra. Nos cuartos de final o cadro galego derrotou aos madrileños do Canoe por un axustado 79-76, mais nas semifinais non puido superar ao Abeconsa Ferrol, que se impuxo por un claro 83-66. Con todo, a posterior renuncia ao ascenso do Enkartaciones vasco propiciou o ascenso do Básquet Coruña á Liga LEB.[5][7]
Debut na Liga LEB[editar | editar a fonte]
O 18 de setembro de 1998 o Básquet Coruña debutou na segunda categoría do baloncesto español, a Liga LEB,[a] fronte o Breogán de Lugo. O debut do equipo coruñés foi moi malo, colleitando a que aínda en 2024 é maior derrota do equipo na segunda categoría do baloncesto español (47-96).[9] Na súa primeira experiencia na LEB o Básquet Coruña finalizou a liga regular cun rexistro de sete vitorias e 19 derrotas que o relegou á penúltima posición, só por diante do Ciutat d'Inca, o que obrigou ao equipo a disputar os play-offs pola permanencia fronte o equipo mallorquín que se acabaría decidindo a favor do equipo galego por 3-1, mantendo así a súa praza na segunda categoría.[b][10]
A tempada 1999-2000 tampouco viu ningún descenso ao crearse para a tempada seguinte unha nova categoría, a LEB-2. Ese ano, o aínda denominado Sondeos del Norte mellorou o seu rexistro ao sumar 12 vitorias e 18 derrotas, os mesmos números que o Badajoz Caja Rural, que finalizou na 12ª posición e disputou a primeira rolda dos play-offs de ascenso á Liga ACB.[11] Lixeiramente peor foi a súa terceira tempada na segunda categoría, cando conseguiu 10 vitorias e 20 derrotas, finalizando na 14ª posición e tendo que disputar os play-offs pola permanencia fronte o Abeconsa Ferrol, que finalizara un posto por debaixo con tan só unha vitoria menos que o equipo coruñés. Con todo, o Básquet Coruña gañou a serie en tres partidos (3-0) e conseguiu manterse un ano máis na LEB.[12]
Na tempada 2003-04 o equipo, dirixido por Javier Rodríguez, conseguiu o ascenso á liga LEB-2 logo de vencer ao UB Sabadell. Con todo, a causa de problemas administrativos o club perdeu a praza conseguida na pista, véndose relegado a disputar á Sénior zonal. Na tempada seguinte a entidade asinou un acordo de colaboración co Atlántico Coruña Baloncesto, que viña de ascender á 1ª División, conseguindo deste xeito saíir nesa categoría. Logo dunha tempada na categoría rexional o club conseguiu o ascenso de novo á Liga EBA da man de Nacho Rama logo de disputar a fase de ascenso en Carballo fronte a Club Baloncesto Noia, Toldos Gómez Arzúa e o local Calvo Xiria. Na fase de ascenso disputada na capital bergantiñá o Noia, que cehgou como campión de liga, conquistou o ascenso, se ben tivo que renunciar a rogar na categoría estatal, cedéndolle a súa praza ao equipo coruñés.[13][14][15]
Conversión en SAD[editar | editar a fonte]
O 24 de outubro de 2018 a Asemblea Xeral do club aprobou por unanimidade a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) logo de ter cumprido todos os requisitos marcados polo Consello Superior de Deportes (CSD).[16] Á Asemblea, celebrada no hotel Eurostars, asistiron un total de 65 dos 151 socios do club. O obxectivo desta conversión era cumprir co capital mínimo de 60 000 euros esixido polo CSD de cara a un posible futuro ascenso á Liga ACB e profesionalizar o club. Na Asemblea aprobaouse a emisión dun total de 1 200 accións cun valor de 50 euros para as persoas socias dende antes do 23 de outubro e cun máximo de sete por persoa.[17]
Ascenso á Liga ACB[editar | editar a fonte]
O 10 de maio de 2024 o Club Basquet Coruña conseguiu por primeira vez ascender á Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, logo de gañar ao Melilla Ciudad del Deporte na cidade autónoma por 74-80. Deste xeito, o equipo dirixido por Diego Epifanio se proclamaba campión da Liga LEB Ouro logo dunha gran tempada do equipo herculino.[18]
Pavillón[editar | editar a fonte]
- Artigos principais: Pazo dos Deportes de Riazor e Coliseum da Coruña.
O Basquet Coruña xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, un pavillón con capacidade para 4 425 espectadores e unha pista de xogo de parquet cunhas dimensións de 20 × 40 metros. O recinto é tamén o fogar do Hockey Club Liceo, o principal equipo de hóckey a patíns da cidade e o club deportivo máis laureado de Galiza.[19] A construción do pavillón comezou en novembro de 1968, precisamente cun partido de hóckey a patíns entre a selección española e un combinado de xogadores do resto do mundo, sobre unha superficie de 5.840 m², baixo a dirección do arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira[20] e foi remodelado en 2011 cun investimento de 2,4 millóns de euros.[21]
Logo de que o equipo conseguira o ascenso á Liga ACB o 10 de maio de 2024 plantexouse a problemática do recinto no que o equipo xogaría os seus partidos como local na máxima categoría do baloncesto español, xa que Riazor non cumpría con algúns dos requisitos para acoller partidos da ACB, como a capacidade mínima para 5 000 persoas, o tamaño dos vestiarios, ou a climatización do recinto. Ante as dificultades para acondicionar o recinto, que esta protexido arquitectonicamente, comezou a barallarse a opción de que o equipo disputara os seus partidos como local no Coliseum, co que o equipo disporía dun espazo con capacidade próxima ás 11 000 persoas. A resposta do público á campaña de reserva de abonos para a tempada 2024-25 tamén fixo inclinarse a balanza cara ao Coliseum, xa que en catro días solicitáranse máis de 5 000, o que supuña máis da capacidade de Riazor, mais o Coliseum contaba co problema do calendario debido á organización doutros eventos como concertos. Finalmente, o 21 de maio anunciouse que o club e o concello da Coruña chegaran a un acordo para que o Básquet Coruña dispute os seus partidos como local no Coliseum coa instalación dunha pista que permite a súa montaxe e desmontaxe.[22][23][24]
Cores[editar | editar a fonte]
O Basquet Coruña que debutou na Liga EBA en 1996 baixo a denominación de Sondeos del Norte vestía completamente de amarelo.[6][3]
Nome[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa historia o Club Básquet Coruña tivo numerosas denominacións debido aos acordos de patrocinio ou ás fusións con outros clubs. A continuación todas as denominacións baixo as que competiu o club dende a sma fundación en 1996:[25]
- Sondeos del Norte (1996-2002)
- Deportes Cimans Basquet Coruña (2002-2004)
- Basquet Coruña Atlántico (2004-2006)
- Ferroplast Basquet Coruña (2006-2008)
- Leyma Basquet Coruña (2008-)
Equipo 2022-23[editar | editar a fonte]
Leyma Coruña 2022–2023 (LEB Ouro) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Adestradores[editar | editar a fonte]
- Véxase tamén: Adestradores do Club Basquet Coruña
O Club Basquet Coruña tivo nove adestradores ao longo da súa historia. O primeiro adestrador do equipo foi Javier Castroverde, que antes de incorporarse ao club dirixiu o Club Baloncesto Arteixo, do que xurdiría o actual Básquet Coruña. O adestrador máis tempo estivo vinculado ao banco herculino foi Antonio Pérez Caínzos, que chegou en 2005 procedente do Celso Míguez Pontevedra e exerceu de adestrador durante sete tempadas entre 2005 e 2012, nas que conseguiu o ascenso da Liga EBA á Liga LEB Prata. Pérez Caínzos converteuse no primeiro adestrador da entidade en superar os 100 partidos e enpermanecer máis de tres tampadas no club herculino.[13][26] Os seguintes son todos os adestradores que dirixiron ao Básquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[26]
- Javier Castroverde (1996-1999)
- Juan Díaz Vázquez (1999-2002)
- Miguel Ángel Hoyo (2002-2003)
- Javier Rodríguez (2003-2004)
- Nacho Rama (2004-2005)
- Antonio Pérez (2005-2012)
- Antonio Herrera (2012-2013)
- Tito Díaz (2013-2017)
- Gustavo Aranzana (2017-2019)
- Sergio García (2019-2022)
- Diego Epifanio (2022-presente)
Presidentes[editar | editar a fonte]
O primeiro presidente da entidade foi Enrique Vázquez Caruncho, que estivo á fronte do club durante nove anos, entre 1996 e 2005. Os seguintes son todos os presidentes que dirixiron ao Basquet Coruña ao longo de toda a súa historia:[27]
- Enrique Vázquez Caruncho (1996-2005)
- Julio Flores Pérez (2005-2011)
- Carlos Lamora (2011-2014)
- Manuel García Fandiño (2014)
- Juan Carlos Fernández Herrero (2014-2018)
- Roberto Cibeira Moreiras (2018-presente)
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tempada | División | Pos. | Postempada | Copa |
---|---|---|---|---|
1996–97 | Liga EBA | 1 | Semifinalista | Subcampión Copa EBA |
1997–98 | Liga EBA | 1 | Semifinalista | Semifinalista Copa EBA |
1998–99 | Liga LEB | 13 | Playoffs de descenso | – |
1999–00 | Liga LEB | 13 | – | – |
2000–01 | Liga LEB | 14 | Playoffs de descenso | – |
2001–02 | Liga LEB | 14 | Playoffs de descenso | – |
2002–03 | Liga EBA | 4 | – | – |
2003–04 | Liga EBA | 3 | Semifinalista | – |
2004–05 | 1ª División | 2 | Finalista | – |
2005–06 | 1ª División | 2 | Finalista | – |
2006–07 | Liga EBA | 2 | Semifinalista | – |
2007–08 | LEB Bronce | 3 | Ascenso | – |
2008–09 | LEB Prata | 15 | Descenso | – |
2009–10 | LEB Prata | 10 | – | – |
2010–11 | LEB Prata | 11 | – | – |
2011–12 | LEB Prata | 7 | Cuartos de final | – |
2012–13 | LEB Ouro | 9 | Cuartos de final | – |
2013–14 | LEB Ouro | 5 | Cuartos de final | – |
2014–15 | LEB Ouro | 10 | – | – |
2015–16 | LEB Ouro | 5 | Semifinalista | – |
2016–17 | LEB Ouro | 6 | Cuartos de final | – |
2017–18 | LEB Ouro | 8 | Cuartos de final | – |
2018–19 | LEB Ouro | 12 | – | – |
2019–20 | LEB Ouro | 3 | Suspendida | – |
2020–21 | LEB Ouro | 5 | Semifinalista | – |
2021-22 | LEB Ouro | 7 | Cuartos de final | – |
Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Copa Galicia (1): 1996
- Subcampión: 2015, 2016
- Subcampión da Copa EBA: 1996-97
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ "Nueva Junta Directiva del Básquet Coruña". Básquet Coruña (en castelán). 22 de maio de 2018.
- ↑ Gómez, Pablo (24 de setembro de 2016). "Final histórica para el Leyma Coruña en la Copa Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Varela, María (10 de maio de 2024). "El ascenso del Leyma Coruña hasta la ACB: vísteme despacio, que tengo prisa". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2024.
- ↑ "Liga EBA (1996-1997)" (en castelán). algo-se-mueve.blogspot.com. Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Liga EBA" (PDF) (en castelán). Federación Española de Baloncesto. Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Liga EBA 1996/97" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 22 de maio de 2024.
- ↑ "Liga EBA 1997/98" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 22 de maio de 2024.
- ↑ Juan, Ramón (6 de xullo de 2019). "LEB Bronce, cuando la burbuja también explotó en el baloncesto español" (en castelán). solobasket.com.
- ↑ Novo, Chaly (18 de maio de 2024). "Leyma: 7 entrenadores, 153 jugadores, 267 victorias y 5.561 días después". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2024.
- ↑ 10,0 10,1 "LEB 1998/99" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024.
- ↑ "LEB 1999/00" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024.
- ↑ "LEB 2000/01" (en castelán). hispaligas.net. Consultado o 23 de maio de 2024.
- ↑ 13,0 13,1 Rodríguez, Manolo (23 de janeiro de 2007). "Entrenador para rato". La Opinión (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ "TRINTA ANOS DE HISTORIA". Club Baloncesto Noia. Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ "HISTORIA". Club Basquet Coruña. Consultado o 1 de setembro de 2019.
- ↑ "BASQUET CORUÑA INICIA O PERÍODO DE SUBSCRICIÓN DE ACCIÓNS PARA OS SEUS SOCIOS". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
- ↑ "Unanimidad para un Básquet Coruña SAD". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de outubro de 2018. Consultado o 3 de marzo de 2019.
- ↑ Martínez, José Luis (10 de maio de 2024). "El Leyma Coruña certifica el primer ascenso de su historia a la ACB". Marca. Consultado o 20 de maio de 2024.
- ↑ "A Coruña, sede del Campeonato de Europa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaje. 27 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018.
- ↑ "Franco inauguró un Palacio de los Deportes en La Coruña". ABC (en castelán). 2 de agosto de 1970. p. 66.
- ↑ "El Ayuntamiento ultima las obras del Palacio de Deportes de Riazor". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2011. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- ↑ Varela, María (21 de maio de 2024). "El Leyma jugará en el Coliseum". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de maio d 2024.
- ↑ "El Concello y el Leyma trabajan para adaptar el Coliseum". DxT Campeón (en castelán). 21 de maio de 2024. Consultado o 22 de maio d 2024.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (21 de maio d2 2024). "El Leyma Básquet Coruña jugará la ACB en el Coliseum". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de maio d 2024.
- ↑ "Cronologia del Basquet Coruña" (en castelán). nordesnaranja. Consultado o 23 de maio de 2024.
- ↑ 26,0 26,1 "ENTRENADORES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
- ↑ "PRESIDENTES". Club Basquet Coruña. Consultado o 3 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Sitio oficial". (en galego) (en castelán)
- "Datos do equipo en FEB.es". Federación Española de Baloncesto (en castelán).