Anxo Pérez Fernández
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ángel Pérez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Ángel Celestino Pérez Fernández[1], nado en Vigo o 28 de maio de 1955, é un profesor xubilado de Filosofía, especialista en Baruch de Spinoza, sobre cuxa vida e obra publicou diversos textos[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Colabora habitualmente con artigos de opinión no xornal A Peneira e en revistas como Tempos Novos.
Tamén contribuíu na redacción de libros colectivos destinados ao ensino como A composición filosófica. Probas de Selectividade (Xerais, 2011)[3].
Foi así mesmo membro do grupo ENXERGO, consagrado á Didáctica da Filosofía[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Conferencia de Ángel Pérez sobre Karl Marx na Ramallosa, Valminor.tv.
- ↑ "Spinoza e Vygotski: o dominio da propia conduta" (pp. 259-266), Espinosa: Ética e Política, ed. Jesús Blanco Echauri (USC, 1997).
- ↑ Ficha da obra Arquivado 22 de decembro de 2021 en Wayback Machine., Xerais.gal.
- ↑ O Consello da Cultura Galega retoma o ciclo Pensarmos, El Correo Gallego, 15 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Artigos do persoeiro, Anovapeneira.gal.