Antonio Moresco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1947 (76 anos) Mantua, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, Drama e xornalismo de opinión |
Ocupación | escritor , dramaturgo , xornalista de opinión |
Xénero artístico | Obra de teatro, conto e ensaio |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Antonio Moresco, nado en Mantua o 30 de outubro de 1947, é un escritor italiano.[1] A súa literatura, que intenta ir para alén da posmodernidade, foi comparada coa de Franz Kafka ou Thomas Pynchon.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un escritor serodio, xa que moitos editores rexeitaron as súas obras. En 1993, saíu do prelo a súa primeira novela, Clandestinità ("Clandestinidade"), mais comezou a ser recoñecido pola súa triloxía Giochi dell'eternità ("Os xogos da eternidade"): Gli esordi ("Os comezos", 1998), Canti del caos ("Cantos do caos", 2001, 2003) e Gli increati ("Os increados", 2015).[2] Tamén publicou contos e literatura infantil.
Moresco organizou numerosas marchas colectivas por Italia e o resto de Europa, que son tratadas nos seus libros.
Obra[editar | editar a fonte]
- Clandestinità ("Clandestinidade", 1993)
- La cipolla ("A cebola", 1995)
- Lettere a nessuno ("Carta a ninguén", 1997)
- Gli esordi ("Os comezos", 1998)
- La visione ("A visión", conversa con Carla Benedetti, 1999)
- Il vulcano ("O volcán", 1999)
- Storia d'amore e di specchi ("Unha historia de amor e espellos", 2000)
- La santa ("A santa", 2000)
- Canti del caos ("Cantos do caos", 2001)
- L'invasione ("A invasión", 2002)
- Canti del caos (segunda parte, 2003)
- Lo sbrego (2005)
- Scritti di viaggio, di combattimento e di sogno ("Escritos de viaxe, de combate e de soños", 2005)
- Zio Demostene ("O tío Demóstenes", 2005)
- Merda e luce ("Merda e luz", 2007)
- Le favole della Maria ("As fábulas de María", 2007)
- Zingari di merda ("Xitanos de merda", 2008)
- Gli incendiati (2010)
- La lucina ("A pequena luz", 2013).
- Tutto d'un fiato ("Todo nun suspiro", 2013)
- Fiaba d'amore ("Fábula de amor", 2014)
- Gli increati ("Os increados", 2015)
- L'addio ("A despedida", 2016)
- Canto di D'Arco ("Canto de D'Arco", 2019)
- Canto degli alberi ("Canto das árbores", 2020)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Interview with Antonio Moresco". The Arkansas International (en inglés). 2021-05-26. Consultado o 2024-05-17.
- ↑ 2,0 2,1 "Games of Eternity (Giochi dell’eternità) by Antonio Moresco". The Untranslated (en inglés). 2018-07-31. Consultado o 2024-05-17.