Antonio Manso Fernández (carpinteiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Manso Fernández
Biografía
NacementoPontedeume Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Manso Fernández, nado en Ombre (Pontedeume) e finado na mesma parroquia o 14 de xaneiro de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro de 1924 a 1925.[1] Afiliado á UGT, era membro da Sociedade Agraria de Cabría, Ombre e os seus lugares e vicario da Confraría de Santo Antonio de Padua de Ombre. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dos grupos que trataron de frear o golpe dedicándose a requisa de armas e dinamita. Logo fuxiu ao monte e agochouse en varias casas propiedade da súa familia. Foi detido o 13 de xaneiro de 1937 por un grupo de falanxistas ao mando de Nicolás Pardo Armas e levado ao cemiterio de Ombre, onde foi torturado e asasinado o 14 de xaneiro. Sufriu expediente de Responsabilidades Políticas en 1941 co resultado de 200 pesetas de sanción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 6-1-1924, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2006). "Antonio Manso: crónica dunha morte ignorada". Cátedra. Revista eumesa de estudios (Monográfico 2006: II República): 73–92. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]