Andrei Konchalovsky
Andrei Sergeyevich Mikhalkov-Konchalovsky (en ruso: Андре́й Серге́евич Михалко́в-Кончало́вский), nado en Moscova o 20 de agosto de 1937 é un director, produtor e guionista de cinema ruso.[1] A principios da súa carreira foi colaborador de Andrei Tarkovskii. É fillo de Natalia Konchalovskaya e Sergey Mikhalkov e irmán do cineasta Nikita Mikhalkov.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Konchalovsky é parte da familia aristocrática Mikhalkov, recoñecida polas súas raíces artísticas e aristocráticas. Cambiou o seu nome por Andrei e tomou o apelidos do seu avó materno, Piotr Konchalovski, como pseudónimo. É irmán de Nikita Mikhalkov e fillo de Sergei Mikhalkov. Estudou durante dez anos no conservatorio de Moscova, preparándose para ser pianista. Non obstante, en 1960 coñeceu a Andrei Tarkovskii co que coescribiu o guión do seu filme Andrei Rublev (1966).
O seu debut como director, Pervyy uchitel, foi recibido favorablemente na Unión Soviética e participou en varios festivais internacionais de cinema. O seu segundo filme, Istoriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh foi censurado polas autoridades soviéticas. Cando se estreou, vinte anos despois, foi aclamado como a súa obra mestra. Posteriormente, Konchalovsky dirixiu adaptacións de Dvoryanskoye gnezdo de Ivan Turgenev e de Dyadya Vanya de Anton Chekhov. Ambos os filmes foron protagonizados por Innokenti Smoktunovski. O seu filme épico Sibiriada foi recibido positivamente no Festival Internacional de Cine de Cannes e fixo posible que se pudiese mudar aos Estados Unidos en 1980.
As súas producións de Hollywood máis populares foron Runaway Train, baseado nun guión orixinal de Akira Kurosawa e Tango e Cash, protagonizada por Sylvester Stallone e Kurt Russell. Durante a década de 1990, Konchalovsky regresou a Rusia, aínda que ocasionalmente produciu filmes históricos para a televisión estadounidense, entre os que se atopa a miniserie A Odisea e o telefilme The Lion in Winter.
O seu filme de 2003 Dom durakov, ambientado nun asilo psiquiátrico de Chechenia, valeulle un León de Prata no Festival Internacional de Cine de Venecia.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Dorogie tovarishchi! (2020)
- Il peccato - Il furore di Michelangelo (2019)
- Ray (2016)
- Belye nochi pochtalona Alekseya Tryapitsyna (2014)
- The Nutcracker in 3D (2010)
- Glyanets (2007)
- The Lion in Winter (telefilme, 2003)
- Dom durakov (2002)
- A Odisea (1997)
- Lumière et compagnie ([1995)
- Kúrochka Ryaba (1994)
- The Inner Circle (1991)
- Tango e Cash (1989)
- Homer and Eddie (1989)
- Shy People (1987)
- Duet for One (1986)
- Runaway Train (1985)
- Maria's Lovers (1984)
- Split Cherry Tree (1982)
- Sibiriada (1979)
- Románs o vlyublyónnyj (1974)
- Dyadya Vanya (1970)
- Dvoryánskoe gnezdó (1969)
- Istóriya Asi Klyáchkinoy, kotóraya lyubila, da ne vyshla zámuzh (1966)
- Pervyy uchitel (1965)
- Málchik i gólub (1961)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Andrei Konchalovsky Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.. New York Times
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrei Konchalovsky |