Afonso Ribas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1944 (79 anos) Cutián, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | economista , editor |
Familia | |
Cónxuxe | Salomé Álvarez Blanco |
Afonso Ribas Fraga, nado en Cutián (Cerdedo-Cotobade) o 28 de xullo de 1944, é un economista e empresario editorial galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo estudos de Ciencias Económicas. Foi director asociado do grupo Unipro-Consultores de Empresas, director da revista de economía Análise Empresarial e director financeiro de Edicións Laiovento. Foi vicepresidente de Promocións Culturais Galegas, a empresa editora d' A Nosa Terra.
Foi cofundador e xerente de Teima e cofundador e conselleiro de Escola Aberta.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado con Salomé Álvarez Blanco, coa que ten catro fillos: Pedro, Alberto, Alfonso e Pablo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Se a lingua só se emprega na poesía, non serve" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., entrevista en Galicia Hoxe, 26 de febreiro de 2008.