Saltar ao contido

Adolfo Anta Espino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Anta Espino
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Bascois, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1991 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Carballeda de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Carballeda de Valdeorras
1936 – 1936 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSobradelo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político , comerciante Editar o valor em Wikidata

Adolfo Anta Espino, nado en Bascois (Carballeda, Carballeda de Valdeorras) en 1905 e finado no mesmo concello en abril de 1991, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou mozo a Cuba. Instalado en Mariel, foi secretario do club de fútbol Sporting Club El Morro.[1][2] Colaborou en Diario de la Marina do que foi correspondente en Mariel),[3] El Diario Español, Ideal Gallego, La Tierruca e La Montaña.[4] Viaxou a República Dominicana en 1932.[5] Visitou Galicia en xullo de 1933.[6] Retornou definitivamente a Carballeda de Valdeorras en 1934,[7] e instalouse en Sobradelo. Militou en Izquierda Republicana e foi presidente do Comité Municipal de Izquierda Republicana de Carballeda de Valdeorras. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Carballeda de Valdeorras.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou cos sublevados[8] ata que foi detido en xaneiro de 1937 ao descubrirse unha carta que dirixira ao exdeputado Manuel García Becerra o 19 de xullo de 1936 na que se ofrecía a defender a República coas armas. Xulgado en consello de guerra en Ourense o 12 de marzo de 1937 na causa 96/1937 acusado de rebelión militar,[9] foi condenado a prisión perpetua. Foille conmutada a pena pola de 15 anos de reclusión en 1938. Cumpriu condena da Prisión Central de Pamplona, onde ingresou o 14 de xullo de 1937 procedente da Prisión Provincial de Ourense.[10] Concedéronlle a liberdade condicional en abril de 1941.[11] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1942,[12] que foi sobresido por ter bens inferiores a 25.000 ptas.

Foi correspondente de La Región en Carballeda de Valdeorras dende 1961, onde publicou crónicas baixo o epígrafe "A través de la vida" asinadas como Anta Espino. Pasou os seus últimos anos na residencia de Valdegodos. Finou no Hospital Valdeorras en abril de 1991.[13]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Anta Ramos e Nieves Espino Vega.[14] Casou con Asunción Blanco Prieres, coa que tivo dous fillos: Luis e Blanca Anta Blanco. Casou en segundas nupcias con Amelia Arias Paniagua e foi pai de Fernando e Remedios Anta Arias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de la Marina, 17-1-1930, p, 17
  2. Ideal Gallego : 27-2-1930, p. 17.
  3. La Región, 3-1-1967, p. 2.
  4. "El ciclón del 26 en La Habana", La Región, 27-11-1969, p. 9.
  5. "A través de la vida", La Región, 18-8-1966, p. 17.
  6. Diario de la Marina, 16-7-1933, p. 2.
  7. La Región, 15-5-1968, p. 20.
  8. El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 4.
  9. La Región, 16-3-1937, p, 2.
  10. Fichas de presos (AGA) Anta Espino, Adolfo
  11. BOE, 23-4-1941, p. 2818.
  12. BOE, 22-9-1942, p. 3707.
  13. La Voz de Galicia, O Barco, 27-4-1991, p. 72.
  14. La Región, 8-12-1965, p. 19.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 
Alcalde da Carballeda de Valdeorras
 
1936
Sucesor:
?