Ángela Rivera Baliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngela Rivera Baliño
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor em Wikidata

Ángela Rivera Baliño, nada en Betanzos o 12 de marzo de 1888 e finada na mesma vila o 24 de xuño de 1984,[1] foi unha cociñeira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai e o seu pai, María Valiño e Ángel Rivera, tiveran unha taberna no Fontelo (Santa María de Ois, Coirós), ao pé da estrada N-VI. Xunto co seu marido, Pedro Vázquez Vázquez, creou en 1910 o restaurante La Casilla, situado na Casilla (Brabío), a carón dunha caseta de legoeiros da mesma estrada. A casa de comidas La Casilla era un local humilde cun banco corrido, disposición habitual das tabernas da zona.[2] Alí desenvolveu a receita da tortilla de patacas que aprendera da súa nai. Ao herdar o negocio a súa sobriña (Ángela Fraga Rivera, tamén coñecida co alcume de Angelita), logrou un salto importante no recoñecemento do local e da súa tradición na elaboración de tortilla de patacas ao estilo de Betanzos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fiaño Sánchez, Manuel; Gayoso Barreiro, Miguel (2024). "A tortilla de Betanzos naceu en Coirós". As 4 aldeas (87): 6–8. 
  2. Sueiro, Jorge Víctor (7 de decembro de 1985). "Los 50 mejores restaurantes: Las Casillas". La Voz de Galicia. ISSN 1888-5160. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]