Ángel Iglesias Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Iglesias Martínez
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Monte Asnal, España Editar o valor em Wikidata
Morte2005 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Ángel Iglesias Martínez, nado en Monte Asnal (Amoeiro) en 1915 e finado en 2005,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 13 de novembro de 1936, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, matou en defensa propia na casa da súa moza Herminia Gutiérrez a Antonio Ferreira Sánchez, xefe dos falanxistas de Palmés. Detido, fuxiu cando ían pasealo e estivo agochado até o remate da guerra civil. Entregouse en 1940 e foi xulgado e condenado a oito anos en prisións e campos de concentración, entre eles traballos forzados no Val dos Caídos. Retornou a Trasalba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Montero, X. (5 de xullo de 2019). "«...home bravo que non se deixou cazar»". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fundación Luís Tilve, ed. (2014). A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela. p. 90. ISBN 978-84-95773-27-2. 
  • Soutelo Vázquez, R. (2019). O Anxo de Monteasnal. Investigación e didáctica da represión franquista partindo da memoria oral dun home bravo que non se deixou cazar. Ir Indo. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]