Sonsoles Ónega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSonsoles Ónega

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Cristina Ónega Salcedo Editar o valor em Wikidata
30 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo e literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentadora de televisión , xornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFernando Ónega Editar o valor em Wikidata
IrmánsCristina Ónega Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2651002 Facebook: sonsolesonega Twitter: sonsolesonega Instagram: sonsolesonega BNE: XX1518955 Dialnet: 3650844 Editar o valor em Wikidata

Sonsoles Ónega Salcedo[1], nada en Madrid o 30 de novembro de 1977, é unha xornalista, presentadora de televisión e escritora española.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla do tamén xornalista Fernando Ónega e de Marisol Salcedo e irmá de Cristina Ónega, licenciouse en Xornalismo pola Universidade CEU San Pablo.

Especializada en medios audiovisuais, comezou a súa andaina profesional en CNN+. De aí pasou á cadea Cuatro. En 2008 incorporouse aos servizos informativos de Telecinco, onde durante dez anos exerceu como cronista parlamentaria, destacada no Congreso dos Deputados.

Desde 2018 até 2022, presentou o programa de sucesos da mesma cadea Ya es mediodía.[2]

Ademais, colaborou como analista político no espazo radiofónico La tarde de COPE.

En canto á súa faceta literaria, en 2004 publicou a novela curta Calle Habana, esquina Obispo. Seguiría Donde Dios no estuvo, sobre o 11-M. No entanto, o seu maior éxito foi a novela Después del amor (2017), ambientada na España da II República.[3] En 2023 gañou o Premio Planeta con Las hijas de la criada.[4]

En 2020, Sonsoles embarcouse en novo proxecto televisivo e foi a encargada de presentar as galas dominicais do seu primeiro reality, La casa fuerte un espazo de prime time.

Durante 2021 e 2022, presentou Ya son las ocho.[5]

En xullo de 2022, fichou por Atresmedia Televisión para presentar un novo proxecto en Antena 3 chamado Y ahora Sonsoles, estreado o 24 de outubro dese mesmo ano.[6]

En decembro de 2023 participa como colaboración especial nos capítulos 2773 e 2775 da última tempada da serie Amar es para siempre interpretando a Sonsoles, xefa de prensa do alcalde madrileño Tierno Galván.

Sonsoles Ónega e Galicia[editar | editar a fonte]

Ao ser filla do galego nado en Pol Fernando Ónega, Galicia sempre foi o seu refuxio na infancia, a adolescencia e a madureza. Ao recoller o premio Planeta recalcou que era filla da maxia literaria galega e das lendas que percorren a terra.[7]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Casada desde 2008 co avogado Carlos Pardo Sanz, é nai de dous fillos.[8] En agosto de 2019 cesou a convivencia co seu marido e en 2020 deuse a coñecer a súa separación.[9]

É íntima amiga da raíña Letizia.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Año Programa Cadena Notas
1999 - 2005 Informativos CNN+ Redactora
2005 - 2008 Noticias Cuatro Cuatro Reporteira
2007 11-M: La derrota de los embusteros Presentadora
2008 - 2018 Informativos Telecinco Telecinco Reporteira e cronista parlamentaria
2018 - 2022 Ya es mediodía Presentadora
2020 A propósito de Supervivientes Presentadora
La casa fuerte Presentadora
Quijotes del siglo XXI Presentadora
2021 - 2022 Ya son las ocho Presentadora
2022 - presente Y ahora Sonsoles Antena 3 Presentadora
2023 - presente Hablando en plata Presentadora
2024 - presente Lo tenemos que hablar Presentadora

Como convidada[editar | editar a fonte]

Año Programa Cadena Notas
2019 Todo es mentira Cuatro Convidada
2020 Adivina qué hago esta noche Convidada
Sálvame Telecinco Convidada
2021 Volverte a ver Convidada
Rocío, contar la verdad para seguir viva Convidada
2022 - 2023 El hormiguero Antena 3 Convidada
2022; 2024 La Roca Convidada
2022 Pasapalabra Convidada
Zapeando La Sexta Convidada
Tu tiempo con Roberto Brasero Antena 3 Convidada
Espejo público Convidada
Antena 3 Noticias Convidada
La ruleta de la suerte Convidada
2023 Joaquín, el novato Convidada
Ano Serie Canle Personaxe Notas
2023 Amar es para siempre Antena 3 Sonsoles 2 episodios

Premios[editar | editar a fonte]

  • Antena de Prata
  • Premio Letras de novela Corta (2004).
  • Premio Fernando Lara de Novela (2017).[11]
  • Premio Planeta pola súa novela Las hijas de la criada (2023).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sonsoles Ónega Salcedo". apmadrid.es. Consultado o 9 de maio de 2024. 
  2. Redacción (2018-06-04). "'Ya es mediodía', con Sonsoles Ónega al frente, llega a Telecinco el viernes 15 de junio". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2024-05-09. 
  3. 3,0 3,1 El Mundo, ed. (21 de junio de 2017). "Duelo entre Mercedes Milá y Sonsoles Ónega: después del amor queda el matrimonio". 
  4. "Sonsoles Ónega gana el Premio Planeta: todo queda en casa". www.publico.es. 2023-10-16. Consultado o 2024-05-09. 
  5. "Telecinco ya tiene fecha de estreno para 'Ya son las ocho', el nuevo magacine de Sonsoles Ónega". El Español (en castelán). 2021-11-10. Consultado o 2024-05-09. 
  6. "Sonsoles Ónega deja Telecinco y ficha por Antena 3 con nuevo programa; este presentador será su sustituto". MARCA (en castelán). 2022-07-11. Consultado o 2024-05-09. 
  7. "Sonsoles Ónega: «Soy hija de la magia literaria gallega, de las leyendas que recorren la tierra»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-10-16. Consultado o 2024-05-09. 
  8. Sonsoles Ónega, nueva figura de la televisión Arquivado 13 de xuño de 2020 en Wayback Machine. encirculodeopinion.com
  9. "Sonsoles Ónega se separa de Carlos Pardo tras once años de matrimonio". Diario ABC (en castelán). 2020-01-22. Consultado o 2024-05-09. 
  10. "AS FILLAS DA CRIADA - Libraría Aira das Letras". tenda.airadasletras.gal. Consultado o 2024-05-09. 
  11. "premiosliterarios.com - la web de los premios literarios". www.basquecountryhotels.org. Consultado o 2024-05-09.