Saltar ao contido

Sewall Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSewall Wright

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Sewall Green Wright Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Melrose, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 1988 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard (1912–1915)
Universidade de Illinois (1911–1912)
Lombard College (en) Traducir (1906–1911)
Galesburg High School (1902–1906) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaStudies of Inheritance in Guinea-pigs and Rats Editar o valor em Wikidata (1916 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseWilliam Ernest Castle Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética de poboacións Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , estatístico , xenetista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison (1955–1960)
Universidade de Chicago (1926–1955)
Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (1915–1925) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Ernest Castle Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRobert R. Sokal e Thomas Park Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisPhilip Green Wright Editar o valor em Wikidata  e Elizabeth Quincy Wright Editar o valor em Wikidata
IrmánsQuincy Wright e Theodore Paul Wright Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Wright-26807 Find a Grave: 84115675 Editar o valor em Wikidata

Sewall Green Wright, nado o 21 de decembro de 1889 e finado o 3 de marzo de 1988, foi un xenetista americano coñecido polos seus traballos que tiveron grande influencia na teoría da evolución e sobre a análise do camiño en estatística. Foi un dos fundadores da xenética de poboacións xunto con Ronald Fisher e J. B. S. Haldane, que supuxo un gran paso no desenvolvemento da síntese evolutiva moderna combinando a xenética coa evolución. Descubriu o coeficiente de endogamia e métodos para calculalo no pedigree animal. Ampliou o seu traballo ás poboacións, calculando a cantidade de endogamia entre os membros de poboacións como resultado da deriva xenética aleatoria, e, xunto con Fisher, foi pioneiro nos métodos de calcular a distribución de frecuencias xénicas entre as poboacións como resultado da interacción da selección natural, a mutación, a migración e a deriva xenética. Wright fixo tamén grandes contribucións á xenética de mamíferos e á xenética bioquímica. [1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sewall Wright naceu en Melrose, Massachusetts fillo de Philip Green Wright e Elizabeth Quincy Sewall Wright. A familia mudouse tres anos despois despois de que o pai aceptase un traballo de profesor no Lombard College, un colexio Universalista de Galesburg, Illinois.

Foi o máis vello de tres irmáns, os outros eran o enxeñeiro aeronáutico Theodore Paul Wright e o científico político Quincy Wright. Desde idade temperá Wright demostrou talento e gusto polas matemáticas e a bioloxía. Wright estudou na Galesburg High School e graduouse en 1906. Despois matriculouse no Lombard College, onde ensinaba o seu pai, para estudar matemáticas. Foi moi influenciado pola profesora Wilhelmine Entemann Key, unha das primeiras mulleres en recibir o doutoramento en bioloxía. Wright obtivo o seu título de doutor (Ph.D.) na Universidade Harvard, onde traballaba no Bussey Institute co pioneiro da xenética de mamíferos William Ernest Castle, que investigaba a herdanza da cor da pelaxe dos animais mamíferos. Traballou para o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos ata 1925, cando pasou ao Departamento de Zooloxía da Universidade de Chicago. Permaneceu alí ata que se retirou en 1955, cando se cambiou á Universidade de Wisconsin–Madison.

Recibiu moitos honores ao longo da súa carreira, como a Medalla National de Ciencias (1966), o Premio Balzan (1984), e a Medalla Darwin da Royal Society (1980). Foi membro da Academia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos e un Membro Externo da Royal Society.[4] A Sociedade Matemática Americana seleccionouno como o conferenciante Josiah Willards Gibbs de 1941.[5][6] Polo seu traballo en xenética dos procesos evolutivos, Wright foi premiado coa Medalla Daniel Giraud Elliot da Academia Nacional de Ciencias en 1945.[7]

Wright casou con Louise Lane Williams (1895–1975) en 1921 e tiveron tres fillos: Richard, Robert, e Elizabeth.

Logros científicos e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Xenética de poboacións[editar | editar a fonte]

Visualización dunha paisaxe e fitness. Os eixes X e Y representan trazos fenotípicos continuos, e a altura de cada punto representa a fitness dos organismos correspondentes. As frechas representan varios camiños mutacionais que unha poboación podería seguir mentres evoluciona nunha paisaxe de fitness.

Os seus artigos sobre endogamia, sistemas de apareamento, e deriva xenética fixeron que sexa considerado un dos fundadores principais da xenética de poboacións teórica, xunto con R. A. Fisher e J. B. S. Haldane. Os seus traballos teóricos sobre a orixe da síntese evolutiva moderna ou síntese neodarwinista. Wright era o inventor/descubridor do coeficiente de endogamia e do estatístico F, ferramentas estándar en xenética de poboacións. Foi o principal desenvolvedor da teoría matemática da deriva xenética, que se denomina ás veces efecto Sewall Wright,[8] dos cambios estocásticos acumulativos en frecuencias xénicas que se orixinan polos nacementos, mortes e segregacións mendelianas aleatorios na reprodución. Neste traballo tamén introduciu o concepto de tamaño efectivo da poboación. Wright estaba convencido de que a interacción da deriva xenética e as outras forzas evolutivas era importante no proceso de adaptación. Describiu a relación entre xenotipo e fenotipo e a fitness como superficie de fitness ou paisaxes evolutivas. Nestas paisaxes a fitness da poboación media era a altura, representada en relación co eixe horizontal, o cal representaba as frecuencias alélicas ou os fenotipos medios da poboación. A selección natural faría que unha poboación subise ao pico máis próximo, mentres que sa deriva xenética causaría unha deambulación aleatoria.

Teoría evolutiva[editar | editar a fonte]

A explicación de Wright da estase (no equilibrio interrompido) era que os organismos acaban ocupando picos adaptativos. Para evolucionar a outro pico máis alto, unha especie tería que pasar primeiro a través do val de estadios intermedios non adaptativos. Isto podería ocorrer por deriva xenética se a poboación é bastante pequena. Se unha especie estaba dividida en pequenas poboacións, algunhas poderían atopar picos máis altos. Se había algún fluxo xénico entre as poboacións, estas adaptacións poderían espallarse ao resto das especies. Isto é a teoría do equilibrio cambiante de Wright da evolución. Houbo moito escepticismo entre os biólogos evolutivos sobre se estas condicións bastante delicadas se manteñen a miúdo en poboacións naturais. Wright sostivo un tenso e longo debate sobre isto con R. A. Fisher, o cal pensaba que a maioría das poboacións na natureza eran demasiado grandes para que estes efectos da deriva xenética fosen importantes.

Análise do camiño[editar | editar a fonte]

O método estatísticode Wright de análise do camiño, que el inventou en 1921 e que foi un dos primeiros métodos que usou un modelo gráfico, aínda se aplica frecuentemente en ciencias sociais. Foi un crítico de manuscritos xenéticos moi influente. A súa reputación era tal que se lle atribuían ás veces "revisións" que el non fixera.

Crianza de plantas e animais[editar | editar a fonte]

Wright influíu moito en Jay Lush, que foi a figura máis influente na introdución da xenética cuantitativa na crianza por cruzamentos de animais e plantas. Desde 1915 a 1925 Wright traballou para a Animal Husbandry Division do Bureau of Animal Husbandry dos Estados Unidos. O seu principal proxecto foi investigar a endogamia que ocorría na selección artificial que tiña como resultado as liñas de gando líderes usadas na produción de carne en América. Tamén realizou experimentos con 80.000 coellos de Indias no estudo da xenética fisiolóxica. Ademais analizou os caracteres duns 40.000 coellos de Indias en 23 cepas de apareamentos de irmán-irmá fronte ao grupo que se apareaba ao azar (Wright 1922a-c). O estudo concentrado destes dous grupos de mamíferos levouno finalmente a construír a teoría do equilibrio cambiante e o concepto de "superficies de valor selectivo" en 1932. (Wright 1988. Páx. 122. American Naturalist)

Fixo grandes traballos na xenética dos coellos de Indias, e moitos dos seus estudantes convertéronse en científicos influentes no desenvolvemento da xenética de mamíferos. Decatouse xa en 1917 de que os xenes actuaban controlando encimas.

Wright e a filosofía[editar | editar a fonte]

Wright foi un dos poucos xenetistas do seu tempo que se aventurou no campo da filosofía. Coincidiu con Charles Hartshorne, que se converteu nun amigo seu para toda a vida e colaborador filosófico. Wright apoiaba unha forma de panpsiquismo. Cría que o nacemento da conciencia non se debía a unha misteriosa propiedade do aumento da complexidade, senón unha propiedade inherente, o que implica que estas propiedades estaban nas partículas máis elementais.[9]

Legado[editar | editar a fonte]

Wright e Fisher, xunto con J. B. S. Haldane, foi unha figura clave na síntese evolutiva moderna que uniu a xenética e a evolución. O seu traballo foi esencial para as contribucións que farían Dobzhansky, Mayr, Simpson, Julian Huxley, e Stebbins. A síntese moderna foi o desenvolvemento máis importante en bioloxía evolutiva despois de Darwin. Wright tamén tivo un grande efecto no desenvolvemento da xenética de mamíferos e a xenética bioquímica.

Bibliografía do autor[editar | editar a fonte]

Os principais libros publicados por Wright foron os seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crow, J. F. (1988). "Sewall Wright (1889-1988)". Genetics 119 (1): 1–4. PMC 1203328. PMID 3294096. 
  2. Crow, J. F.; Dove, W. F. (1987). "Sewall Wright and physiological genetics". Genetics 115 (1): 1–2. PMC 1203043. PMID 3549442. 
  3. Hill, W. G. (1996). "Sewall Wright's "Systems of Mating"". Genetics 143 (4): 1499–1506. PMC 1207415. PMID 8844140. 
  4. Hill, W. G. (1990). "Sewall Wright. 21 December 1889-3 March 1988". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 36: 568–526. doi:10.1098/rsbm.1990.0044. 
  5. Josiah Willard Gibbs Lectures
  6. Wright, Sewall (1942). "Statistical genetics and evolution". Bull. Amer. Math. Soc. 48 (4): 223–246. MR 0006700. doi:10.1090/S0002-9904-1942-07641-5. 
  7. "Daniel Giraud Elliot Medal". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  8. The Structure of Evolutionary Theory (2002) by Stephen Jay Gould, Chapter 7, section "Synthesis as Hardening"
  9. Steffes, David M. (2007). Panpsychic Organicism: Sewall Wright's Philosophy for Understanding Complex Genetic Systems. Journal of the History of Biology. Vol. 40, No. 2. pp. 327-361.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]