Saltar ao contido

Platonismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O platonismo é a doutrina filosófica desenvolvida polos seguidores de Platón a partir do século I a.C. e que chegou a ser o movemento intelectual dominante nos primeiros séculos da nosa era favorecido polas poderosas similitudes de principios que mantiña co cristianismo e o xudaísmo. O seu principal representante foi Plotino, que adquiriu este nome en loanza ao seu mestre.

O platonismo influíu en sectores do pensamento relixioso, de forma que se chega a crer que certos ritos, pensamentos e doutrinas están baseados nel. Santo Agostiño cría que mediante Platón se podía articular teoloxicamente a fe cristiá, como intentara Filón de Alexandría co xudaísmo.

O emperador romano Xustiniano clausurou as escolas filosóficas de Atenas tratando de reducir a influencia platónica, xa que a consideraba un perigo, o cal nunca se conseguiu por completo.

No Renacemento rexurdiu o platonismo, sobre todo na Academia Platónica de Florencia (século XV).