Saltar ao contido

Paredes de Coura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaParedes de Coura
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°54′46″N 8°33′44″O / 41.912683, -8.562181Coordenadas: 41°54′46″N 8°33′44″O / 41.912683, -8.562181
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.198 (2011) Editar o valor em Wikidata (66,56 hab./km²)
Xeografía
Superficie138,19 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4940 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcm-paredes-coura.pt Editar o valor em Wikidata

Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.

O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.[1]

Freguesías[editar | editar a fonte]

Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías:[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación do concello de Paredes de Coura (1801 – 2004)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
8963 10618 13091 14412 14886 11311 10442 9571 9409

Cultura[editar | editar a fonte]

Festival de Paredes de Coura[editar | editar a fonte]

Dende 1993,[3] organízase anualmente o Festival de Paredes de Coura, un dos festivais musicais máis importantes do norte de Portugal.[4] Celébrase cada agosto na praia fluvial do río Taboão.[4]

Museo rexional[editar | editar a fonte]

Na localidade atópase o Museu Regional de Paredes de Coura, inaugurado en 1997, que procura a conservación e divulgación do patrimonio local.[5][6] Sitúase na antiga Quinta da Veiga, unha casa señorial que data do século XVIII.[5][6] A súa colección céntrase na arqueoloxía e a etnografía do lugar, incluíndo pezas téxtiles, apeiros agrícolas ou achados do próximo Povoado Fortificado de Cossourado.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paisagem Protegida do Corno de Bico". AltoMinho (en portugués). Consultado o 2024-06-03. 
  2. Assembleia da República (28 de xaneiro de 2013). "Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias" (PDF). Diário da República (en portugués) 1 (19). 
  3. "Foram eles que inventaram o Paredes de Coura". www.noticiasmagazine.pt (en portugués). Consultado o 03-06-2024. 
  4. 4,0 4,1 "El mejor festival de Portugal es Paredes de Coura, un paraíso de música". Neo2 Magazine (en castelán). 2022-10-12. Consultado o 2024-06-03. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Museu Regional de Paredes de Coura". www.visitportugal.com (en portugués). Consultado o 2024-06-03. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Museu Regional de Paredes de Coura". altominho.pt (en portugués). Consultado o 2024-06-03.