Saltar ao contido

Olivier Messiaen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlivier Messiaen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Olivier Eugène Charles Prosper Messiaen Editar o valor em Wikidata
10 de decembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Aviñón, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Clichy, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Théoffrey Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París (1919–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , teórico da música , pianista , profesor universitario , músico , musicólogo , ornitólogo , profesor de música , organista , libretista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConservatorio de París (1941–)
École Normale de Musique (1934–1939)
Schola Cantorum de Paris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera e sinfonía Editar o valor em Wikidata
MovementoNeue Musik (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNoël Gallon (pt) Traducir, Jean Gallon (pt) Traducir, Maurice Emmanuel, Marcel Dupré (pt) Traducir, Paul Dukas, Charles-Marie Widor (pt) Traducir, Georges Falkenberg (en) Traducir e Fernande Decruck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosYvonne Loriod, André Hodeir (pt) Traducir, Marius Constant, Michaël Levinas (pt) Traducir, Odette Gartenlaub (pt) Traducir, Jean-Claude Henry (en) Traducir, Pierrette Mari (pt) Traducir, Lourival Silvestre (en) Traducir, Xavier Darasse (pt) Traducir, Gérard Grisey (pt) Traducir, Tristan Murail (pt) Traducir, Pierre Boulez (pt) Traducir e Alexandros Kalogeras (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDeutsche Grammophon Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeYvonne Loriod (1961–2010)
Claire Delbos (1932–1959)
PaisPierre Messiaen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Cécile Sauvage (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlain Messiaen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0582093 Allocine: 37934 Allmovie: p102621
BNE: XX895871 Souncloud: olivier-messiaen Spotify: 6CS9O2pE67oq44GZuBEBuD iTunes: 271645 Last fm: Olivier+Messiaen Musicbrainz: c6e5c5f4-984e-432a-87b8-b6afa288bca1 Songkick: 469696 Discogs: 32180 IMSLP: Category:Messiaen,_Olivier Allmusic: mn0001528006 WikiTree: Messiaen-6 Editar o valor em Wikidata

Olivier Eugène Charles Prosper Messiaen, nado en Aviñón o 10 de decembro de 1908 e finado en Clichy o 27 de abril de 1992, foi un compositor, organista e pedagogo francés. Foi unha figura influente, única e inclasificable. Estudou órgano e composición en París. En cuxo conservatorio ingresou aos 11 anos e tivo como profesores a Paul Dukas, Marcel Dupré, Maurice Emmanuel e Charles-Marie Widor. Foi designado organista na Igrexa da Santa Trindade de París en 1931, posto que ocupou até a súa morte.

En 1940, na batalla de Francia, Messiaen converteuse en prisioneiro de guerra, e mentres estaba encarcerado compuxo o seu Quatuor pour la fin du temps (Cuarteto para o fin dos tempos) para os catro instrumentos dispoñíbeis alí: piano, violín, violoncello e clarinete. A obra foi estreada por Messiaen e os seus amigos prisioneiros ante unha audiencia de prisioneiros e vixiantes.​ Ao saíres de prisión en 1941, pronto foi nomeado profesor de harmonía, e máis tarde profesor de composición en 1966 no Conservatorio de París, posto que mantivo até o seu retiro en 1978. Entre os seus distinguidos alumnos están Pierre Boulez, Yvonne Loriod (quen despois sería a segunda muller de Messiaen, e a intérprete por excelencia das súas obras escritas para piano ou con piano solista), Karlheinz Stockhausen, Iannis Xenakis, William Bolcom e George Benjamin.

En 1971 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

A música de Messiaen é ritmicamente complexa (el estaba interesado nos ritmos da antiga Grecia e de orixes hindús), e baséase harmónica e melodicamente nos modos de transposición limitada, que foron unha innovación propia de Messiaen. Moitas das súas composicións representan o que el chamou «os aspectos marabillosos da fé», mostrando o seu inquebrantábel catolicismo. Viaxou moito e escribiu as súas obras inspirado por diversas influencias, como a música xaponesa, a paisaxe do Canón de Bryce en Utah ou a vida de San Francisco de Asís. Messiaen experimentou unha certa sinestesia manifestada como unha percepción de cores cando oía certas harmonías. Durante un período moi curto, Messiaen experimentou co serialismo integral, en cuxo campo é citado a miúdo coma un innovador. O seu estilo absorbeu moitas influencias musicais exóticas como o gamelan de Indonesia (a percusión afinada ten un papel importante nas súas obras orquestais), e tamén usou as ondas Martenot.

Messiaen estaba fascinado polo «canto dos paxaros»; dicía que os paxaros eran os mellores músicos e considerábase a si mesmo tanto ornitólogo como compositor. Transcribía o canto dos paxaros nas súas viaxes por todo o mundo, e incorporou as transcricións destes cantos en gran parte da súa música. O seu uso innovador da cor, a súa concepción persoal da relación entre o tempo e a música, o seu uso do canto dos paxaros, e o seu intento de expresar profundas ideas relixiosas, todo se combina de tal modo que fai case imposíbel confundir unha composición de Messiaen cunha obra de calquera outro compositor contemporáneo occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.