Nicasio Pajares
Nome orixinal | (es) Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de decembro de 1881 Padrón, España |
Morte | 26 de abril de 1956 (74 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Datos persoais | |
Residencia | Uruguai Arxentina |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros, coñecido como Nicasio Pajares, nado na Trabanca (Padrón) o 11 de decembro de 1881 e finado en Madrid o 26 de abril de 1956, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun militar. Emigrou a Uruguai con 14 anos xunto do seu tío Vicente Pajares, coronel do exército uruguaio. Regresou ao ano seguinte e estudou teneduría de libros. Emigrou a Buenos Aires e empregouse nun comercio, até que decidiu estudar literatura en Rosario. Colaborou no periódico El Despertar Hispano. En 1906 volveu a Galicia para visitar a súa familia, pero foi detido en Vigo o 3 de agosto por facer manifestacións anarquistas no barco.[1][2] De volta na Arxentina foi futbolista no River Plate[3], e dedicouse ao xornalismo colaborando nas revistas Mundo Argentino (da que foi xefe de redacción), Fomento de la Instrucción Gallega e Fray Mocho.
En 1919 regresou de xeito definitivo a España dedicándose a escribir novelas de tema americano e ton humorístico. Tamén colaborou nas revistas La Esfera, Nuevo Mundo, Mundo Gráfico, Alfar e España. Casou en Madrid en 1920 con María Escolano. Foi enterrado no cemiterio da Almudena de Madrid. En xullo de 2004 as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela tentaron recuperar a súa obra.
Obras[editar | editar a fonte]
- Teatro de la emigración, 1922.
- El conquistador de los trópicos, 1923.
- El pensador de la selva, 1924.
- Atorrántida, 1929.
- Don Quijote y el tío Sam, 1930.
- Como pervirtieron a Palleiros, 1931.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Noroeste, 4-8-1906, p. 1.
- ↑ Noticiero de Vigo, 4-8-1906, p. 2.
- ↑ Camilo José Cela (31 de xaneiro de 2000). "Nicasio Pajares" (PDF). ABC.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "Pajares, Nicasio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 11.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nicasio Pajares (1881-1956) (en catalán)
- Silvia R. Pontevedra (14 de xaneiro de 2010). "El escritor que Cela quiso salvar". El País.