Maximiliano Pérez Prego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Pontevedra, España |
Morte | 31 de xaneiro de 1937 (53/54 anos) Pontevedra, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Maximiliano Pérez Prego, nado en Pontevedra cara a 1883 e finado na mesma cidade o 31 de xaneiro de 1937, foi un procurador, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi vocal do Centro Republicano de Pontevedra (1930), logo da dimisión de Osorio-Tafall pasou a vicesecretario do Centro. Foi membro da ORGA de Pontevedra en 1931, presidente de Acción Republicana en 1933, presidente do Comité Provincial da Autonomía (Pontevedra). O 1 de decembro de 1932 fundou o xornal El País, do que foi director. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra o 26 de marzo de 1936. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado en Pontevedra pero suspendeuse o seu xuízo xa que enfermou no cárcere. A causa diso morreu no Hospital Provincial de Pontevedra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de 1 000 pesetas en 1940.[1]
Predecesor: José Adrio Barreiro |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1936 |
Sucesor: Rafael González Fernández Besada |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Agripina Poza Cobas, filla de Laureano Poza Estévez, en 1907.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE, 6-10-1940, p. 4665.
- ↑ La Libertad, 28-7-1907, p, 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Maximiliano Pérez Prego na páxina web Nomes e Voces.