Saltar ao contido

Manuel Pardo Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pardo Becerra
Biografía
Nacemento1834 Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1921 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Pardo Becerra, nado cara a 1834 e finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesano da Adoración Nocturna, da Federación de Sindicatos Agrícolas e vicepresidente de La Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo. Finou en Lugo o 8 de xuño de 1921 aos 86 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 9-6-1921, p. 1-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]