Luis Rufilanchas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1910 Xixón, España |
Morte | 11 de xullo de 1937 (27 anos) A Coruña, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 20 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Madrid (provincia) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xurista , político , avogado |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Luis Rufilanchas Salcedo, nado en Xixón o 17 de maio de 1910 e finado na Coruña o 11 de xullo de 1937, foi un avogado e político socialista español. Foi fusilado polos sublevados ao inicio da guerra civil española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era profesor na Universidade Central de Madrid, sendo profesor auxiliar de Dereito e adxunto á cátedra do tamén militante do PSOE Jiménez de Asúa.[1] Nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido deputado nas listas da Fronte Popular na circunscrición da provincia de Madrid. Como deputado foi adscrito á Comisión de Actas.[2]
Luis Rufilanchas estaba en Galicia no momento de producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu orixe á guerra civil española. Puido esconderse durante varios meses en diversas cidades galegas, tratando de fuxir á zona republicana. Porén, logo dun novo intento de fuga, foi apresado polos franquistas nas inmediacións da Coruña entre os meses de febreiro e marzo de 1937.
Foi procesado polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio con outros 24 encartados. Foi condenado a morte con Manuel Fernández López, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.[3][4] Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,[5] excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Claret Miranda, Jaume (2005). Universidade Pompeu Fabra, ed. "La Repressió franquista a la universitat espanyola" (PDF) (en catalán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-12-2013. Consultado o 02-10-2008.
- ↑ Interpelación al Gobierno sobre las elecciones parciales de Cuenca. La Vanguardia, 1 de maio de 1936.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Precisiones. Carta ao Director de El País, de Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela.
- Luis Rufilanchas na páxina web Nomes e Voces.