Luis Alfonso Leste
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lantaño |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Cayo Alfonso Leste, nado en Lantaño (Portas), é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Autónomo, recolledor de leite. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas (PUP) e foi elixido alcalde con maioría absoluta. O grupo de independente acordara en repetidas asembleas integrarse no PSdeG-PSOE de cara ás eleccións municipais de 1987, pero na última asemblea finalmente acordouse facer dúas candidaturas, PUP (encabezada polo exalcalde Eligio Mandayo) e a do PSdeG (encabezada por Luís). Ambas candidaturas foron incapaces de reter a maioría, sendo superadas polos 4 concelleiros do CDS fronte ós 3 da PUP, os 2 do PSdeG e os 2 de AP.[1] Desta forma foi elixido alcalde o centrista Juan Manuel López Barreira, pasando a gobernar posteirormente con este en coalición. En sucesivos comicios seguiu formando parte das candidaturas socialistas, mais sen volver a asumir unha acta de concelleiro. No 2015 formou parte, como suplente e independente, da candidatura de unidade de forzas progresistas que concorreu baixo o paraugas do BNG.[2]
Predecesor: Eligio Mandayo Carballo |
Alcalde de Portas 1983 - 1987 |
Sucesor: Juan Manuel López Barreira |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 30-6-1987 p. 25.
- ↑ Santi Carballo presenta su coalición de izquierdas con el BNG de Portas