Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A edición do ano 2007 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a segunda tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 13 clubs, un menos que a tempada inaugural ao non tomar parte na competición o Club de Remo Vila de Cangas. O campión desta edición foi a Sociedade Deportiva Tirán de Tirán (Moaña), que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XXI Bandeira de Redondela en Chapela (Redondela), e o 26 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a IV Bandeira Concello de Ferrol na Praia de S. Xurxo, Ferrol.
- S.D. Tirán, Tirán, Moaña (Pontevedra)
- R.C. Náutico de Vigo, Vigo (Pontevedra)
- C.R. Chapela, Chapela, Redondela, (Pontevedra)
- Club Regatas Perillo, Perillo, (A Coruña)
- Amegrove C.R., O Grove (Pontevedra)
- C.R. Ares, Ares (A Coruña)
- C.R. A Cabana, A Cabana, Ferrol, (A Coruña)
- C.R. Puebla, A Pobra do Caramiñal, (A Coruña)
- Asociación Deportiva Esteirana, Esteiro, (A Coruña)
- C.R. Coruxo, Coruxo, Vigo (Pontevedra)
- S.D. As Xubias, As Xubias, A Coruña (A Coruña)
- S.D. Samertolameu, Meira, Moaña (Pontevedra)
- C.M. Castropol, Castropol, Eo-Navia (Asturias)
Traiñeiras en Galicia |
---|
|
Clubs 2021 | |
---|
Tempadas | |
---|
Outras competicións | |
---|