José Sánchez Gacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sánchez Gacio
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Gobernador civil da provincia da Coruña
Presidente da Deputación de Lugo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Sánchez Gacio, nado en Mondoñedo en 1898 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1980, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Constantino Sánchez Graña, secretario do Concello de Mondoñedo. Estudou o bacharelato en Lugo e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Na República foi elixido concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola ORGA. Foi presidente da Deputación de Lugo (1932). En outubro de 1934 foi cesado como concelleiro como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 e reposto en xaneiro de 1936. Integrouse en Izquierda Republicana e foi nomeado gobernador civil da Coruña (do 26 de febreiro ao 10 de abril de 1936). En xuño de 1936 era deputado provincial en representación de Izquierda Republicana, e vicepresidente do comité local Pro-Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e trasladado a Lugo con Guillermo Otero Villalba, Patricio Vijande Villar, Cándido Carreiras Domenech, Alfredo Martínez Martínez e José Ramón Villamarín Pallín. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 co seu irmán Constantino Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero, Alfredo Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande e Emilio González Valoria, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada a cadea perpetua. Finalmente foi deportado a Zamora.


Predecesor:
Daniel Vázquez Campo
 
Presidente da deputación de Lugo
 
1932 - 1934
Sucesor:
José Cobreros de la Barrera

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Alicia Gómez Real, e foi pai de Talía e Silvia Sánchez Gómez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]