José María Gallo Gallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 A Pontenova, España |
Morte | 29 de abril de 1937 (25/26 anos) Lugo, España |
Alcalde da Pontenova | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
José María Gallo Gallo, nado na Pontenova cara a 1911 e finado en Lugo o 29 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre na Pontenova. Foi tesoureiro do Sindicato Minero de Vilaodriz en 1933 e presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Vilaodriz. Foi depositario interino do concello de Vilaodriz ata novembro de 1933.[1] Foi nomeado alcalde de Vilaodriz en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 29 de abril de 1937 con Manuel Enríquez Fernández, Eduardo Suárez García, Daniel Fernández López, Marcelino Alba Meicín, Antonio García Gómez, Emilio Timiraos Cervo e Faustino Fernández Cartategui.[2]
Predecesor: José Rivas López |
Alcalde de Vilaoudriz 1936 |
Sucesor: José Rivas López |