Jesús Olimpio Giráldez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Olimpio Giráldez Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1896 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús José Olimpio Giráldez Fernández, nado en Redondela o 17 de xuño de 1896 e finado na mesma vila en outubro de 1969[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Avelino Giráldez Pazó. Foi vicepresidente do Redondela F. C. (1924) e foi concelleiro en varias ocasións. Na Segunda República foi elixido presidente da Asociación de Beneficencia (1932) e do Casino (1934). Militou no Partido Galeguista, formando parte da última directiva do período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na Illa de San Simón e no Castelo de San Cristóbal (Pamplona). Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Durante o franquismo foi presidente da Hermandad Sindical de Labradores de Redondela.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Lera Figueras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en El Pueblo Gallego, 25-10-1969, p. 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 301–304. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]