Jesús Castaño Galdo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1903 Mañón, España |
Morte | 16 de abril de 1937 (33 anos) Ferrol, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Jesús Castaño Galdo, nado na Vila de Bares (Mañón) o 14 de outubro de 1903 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante de Izquierda Republicana, co triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Mañón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol en consello de guerra o 15 de marzo de 1936.[1] Acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe de Ferrol o 16 de abril de 1937 con Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiro e Manuel Ventosinos Pereira.
Predecesor: ? |
Alcalde de Mañón 1936 |
Sucesor: ? |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-3-1937, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jesús Castaño Galdo na páxina web Nomes e Voces.