Saltar ao contido

Domingo Miral y López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Miral y López
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Huesca, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1942 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Rector of the University of Zaragoza (en) Traducir
11 de marzo de 1931 – 18 de abril de 1931 – Gil Gil y Gil →
Decano Facultade de Filosofía e Letras de Zaragoza
1923 – 1929
Catedrático de universidade Facultade de Filosofía e Letras de Zaragoza, Universidade de Salamanca, Universidade de Oñati
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oñati
Universidade de Salamanca
Universidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua aragonesa, lingua castelá, lingua alemá, grego clásico e Hecho Aragonese (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1275190

Domingo Simón Miral y López, nado en Valle de Hecho, Huesca o 18 de febreiro de 1872 e finado en Zaragoza o 16 de abril de 1942,[1] foi un filólogo, pedagogo e escritor aragonés. Foi catedrático na Universidade de Oñati. Cando esta desapareceu, obtivo unha cátedra de grego na Universidade de Salamanca e cando esta foi suprimida pasou a ser catedrático de Teoría de Literatura e Belas Artes e Grego na Universidade de Zaragoza. Foi tamén decano da Facultade de Filosofía e Letras de 1923 a 1929. Despois foi vicerreitor do 6 de outubro de 1929 ao 10 de marzo de 1931, e reitor do 11 de marzo de 1931 ao 18 de abril de 1931, ano no que foi destituído tras proclamarse a Segunda República Española.[1]

Actividade académica[editar | editar a fonte]

Foi o fundador da revista Universidad, e estableceu os cursos de verán da Universidade de Zaragoza en Jaca, do Instituto de idiomas, do Colexio de tradutores e do Centro de Estudos Clásicos en Zaragoza.[1][2]

Foi un grande estudoso e tradutor do alemán, publicando varias obras de gramática (destacando a Gramática alemana (Zaragoza, 1922), manuais para aprender e unha antoloxía de textos. Tamén traduciu unha vintena de obras do alemán ao castelán en diferentes campos. A súa tradución máis importante, foi Die helenishe Kultur[1][2] de Baumgarten que aproximou o estudo da arte clásica a moitos estudantes.

Tamén fixo dous estudos sobre a conxugación do aragonés cheso. Tiña un proxecto para escribir unha gramatica chesa, que non chegou a facerse realidade. A súa produción literaria en aragonés inclúe, ademais de artigos en cheso nunha publicación local, dúas obras de teatro: "Qui bien fa nunca lo pierde" e "Tomando la fresca en la Cruz de Cristiano, o a casarse tocan". Tomou parte como vocal do Estudio de Filoloxía de Aragón.[1]

Tamén foi concelleiro do Concello de Zaragoza e director do diario La Crónica.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Obra literaria en aragonés:

  • Qui bien fa nunca lo pierde (Chaca, Imprenta de Carlos Quintilla, 1903). Reimpreso en 1972. Edición facsímile de Gara d'Edizions e a Institución "Fernando el Católico" en 2002.
  • Tomando la fresca en la Cruz de Cristiano ou A casarse tocan. Publicación conxunta coa anterior.

Artigos en aragonés:

  • En meyo de lo xerbigadero. La Hoja del Valle de Hecho, nº 12, 1 de setembro de 1914.
  • Carta à los mozéz de Hecho. La Hoja del Valle de Hecho, nº 26, 1 de setembro de 1915.

Publicacións filolóxicas sobre o aragonés:

  • D. Miral. El verbo ser en el cheso (dialecto del Pirineo aragonés). Universidad, I. 1924. 209-216. Reeditado en: Archivo de Filología Aragonesa, Vol LXI-LXII. Páxinas 377-384 [1].
  • D. Miral. Tipos de flexión verbal en el cheso (verbo hacer=fer). Universidad, VI. 1929. 1-10. Reeditado en: Archivo de Filología Aragonesa, Vol LXI-LXII. Páxinas 385-390 [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Domingo Simón Miral y López Arquivado 11 de agosto de 2011 en Wayback Machine. na Gran Enciclopedia de Aragón OnLine.
  2. 2,0 2,1 Beltrán, M.; Beltrán, A.; Fatás, G. (dir. y coord.), Aragoneses Ilustres; Zaragoza: Caja de Ahorros de la Inmaculada, 1983. p. 135-136.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • P. Galindo Romeo. Don Domingo Miral y López, 1872-1942. Zaragoza, 1942.
  • F. Nagore. D. Miral como escritor en aragonés; Andalán, n.° 12 (1-III-73), p. 12.
  • M.L. Bayo Bueno. La comedia chesa «Qui bien fa nunca lo pierde», de Domingo Miral. Institución «Fernando el Católico», Zaragoza, 1978.