Disolución

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

En química, unha disolución (do latín disolutio) ou solución é unha mestura homoxénea, a nivel molecular dunha ou máis especies químicas que non reaccionan entre si; cuxos compoñentes atópanse en proporción que varía entre certos límites.

Toda disolución está formada por unha fase dispersa chamada soluto e un medio dispersante denominado disolvente. Tamén se define disolvente como a sustancia que existe en maior cantidade que o soluto na disolución. Se ambos, soluto e disolvente, existen en igual cantidade (como un 50% de etanol e 50% de auga nunha disolución), a sustancia que é máis frecuentemente utilizada como disolvente é a que se designa como tal (neste caso, a auga). Unha disolución pode estar formada por un ou máis solutos e un ou máis disolventes. Unha disolución será unha mestura na mesma proporción en calquera cantidade que tomemos (por pequena que sexa a pinga), e non se poderán separar por centrifugación nin filtración.

Un exemplo común podería ser un sólido disolto nun líquido, como a sae ou o azucre disolto en auga (ou ata o ouro en mercurio, formando unha amálgama)

Distínguese dunha suspensión, que é unha mestura na que o soluto non está totalmente disgregado no disolvente, senón dispersado en pequenas partículas. Así, diferentes pingas poden ter diferente cantidade dunha sustancia en suspensión. Mentres unha disolución é sempre transparente, unha suspensión presentará turbidez, será traslúcida ou opaca. Unha emulsión será intermedia entre disolución e suspensión.

1.- Son mesturas homogéneas

2.- Ao disolver unha sustancia, o volume final é menor que a suma dos volumes do disolvente e o soluto

3.- A cantidade de soluto e a cantidade de disolvente atópanse en proporcións que varían entre certos límites. Normalmente o disolvente atópase en maior proporción que o soluto, aínda que non sempre é así. A proporción en que teñamos o soluto no seo do disolvente depende do tipo de interacción que se produza entre eles. Esta interacción está relacionada coa solubilidad do soluto no disolvente. Unha disolución que conteña pouca cantidade é unha disolución diluída. A medida que aumente a proporción de soluto teremos disolucións máis concentradas, ata que o disolvente non admite máis soluto, entón a disolución é saturada. Por encima da saturación temos as disolucións sobresaturadas. Por exemplo, 100g de auga a 0ºC son capaces de disolver ata 37,5g de NaCl (cloruro de sodio ou sal común), pero se mesturamos 40g de NaCl con 100g de auga á temperatura sinalada, quedará unha solución saturada.

4.- As súas propiedades físicas dependen da súa concentración:

  • Disolución HCl (acedo clorhídrico) 12 mol/L Densidade = 1,18 g/cm3
  • Disolución HCl (acedo clorhídrico) 6 mol/L Densidade = 1,10 g/cm3

5.- Os seus compoñentes sepáranse por cambios de fases, como a fusión, evaporación, condensación, etc.

6.- Teñen ausencia de sedimentación, é dicir ao someter unha disolución a un proceso de centrifugación as partículas do soluto non sedimentan debido a que o tamaño das mesmas son inferiores a 10 Angstrom ( ºA ).

7.- Os seus compoñentes únense e xérase o solvente mediante o proceso denominadao decontriacion.

[editar] Clasificación das disolucións

polo seu estado de agregación pola súa concentración
sólidas sólido en sólido: aliaxes como zinc en estaño (latón); gas en sólido: hidróxeno en paladio; líquido en sólido: mercurio en prata (amálgama) non saturada; é aquela onde a fase dispersa e a dispersante non están en equilibrio a unha temperatura dada; é dicir, elas poden admitir máis soluto ata alcanzar o seu grao de saturación. Ex.: a 0ºC 100g de auga disolven 37,5 NaCl, é dicir, á temperatura dada, unha disolución que conteñan 20g NaCl en 100g de auga, é non saturada.
líquidas líquido en líquido: alcol en auga; sólido en líquido: sal en auga (salmuera); gas en líquido: osíxeno en auga. saturada: nesta disolución hai un equilibrio entre a fase dispersa e o medio dispersante, xa que á temperatura que se tome en consideración, o solvente non é capaz de disolver máis soluto. Ex.: unha disolución acuosa saturada de NaCl é aquela que contén 37,5g disoltos en 100g de auga 0ºC.
gasosas gas en gas: osíxeno en nitróxeno; líquido en gases: néboas sólido en gas: fumes. sobre saturada: representa un tipo de disolución inestable, xa que presenta disolto máis soluto que o permitido para a temperatura dada. Para preparar este tipo de disolución agrégase soluto en exceso, a elevada temperatura e logo arrefríase o sistema lentamente. Estas disolución é inestable, xa que ao engadir un cristal moi pequeno do soluto, o exceso existente precipita; de igual xeito sucede cun cambio brusco de temperatura.

En función da natureza de solutos e disolventes, as leis que rexen as disolucións son distintas.


Pola relación que existe entre o soluto e a disolución, algúns autores clasifican as disolucións en diluídas e concentradas, as concentradas se subdividen en saturadas e sobre saturadas. As diluídas, refírense a aquelas que posúen pouca cantidade de soluto en relación á cantidade de disolución; e as concentradas cando posúen gran cantidade de soluto. É incoveniente a utilización desta clasificación debido a que non todas as sustancias disólvense na mesma proporción nun determinada cantidade de disolvente a unha temperatura dada. Ex: a 25ºC en 100g de auga disólvense 0,000246g de BASEO4. Esta disolución é concentrada (saturada) porque ela non admite máis sal, aínda que pola pouca cantidade de soluto disolto debería clasificarse como diluída. Por iso é máis conveniente clasificar ás solucións como non saturadas, saturadas e sobre saturadas..hei:?????

Ferramentas persoais